>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XIV Festival do Castro 2014 - Pantón
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 22 / 8 / 14 )





Dende as 11.00 horas Feira de Artesanía durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,…

A partires das 13.00 horas Vermú Gaiteiro, foliada con gaita ou calquera instrumento aberto á participación libre e convite á 1ª volta ós músicos!

Xantar Popular ás 14.00 horas, ós prezos de 12 euros e 8 euros para <12 anos na modalidade anticipada que rematará hoxe, o sábado o prezo será de 14 euros e 12 euros <12 anos no propio posto da organización, tamén podes reservar no 676 545 776 telefonando. O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Café-concerto ás 16.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo do Ce Orquestra Pantasma, o Ironman de moda nos festivais galegos!

Actividades de tarde, especiais para o público miudo, dende as 18.00 horas nas costas do Castro. Con Peter Punk, estilo clown e gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid e, de seguido, Manicus co espectáculo Manualidades, malabares, teatro físico, paiaso, danza e pantomima, obrigado participar!

Anoitecer no Castro, ás 22.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior, desta volta con Habelas Hainas, música tradicional da terra nosa, se as escoitas saberás que o conto é certo…
Concertos do Festival do Castro, dende as 23.30 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico;

Korrontzi, banda vasca que estoupará o folclore vasco arredor da trikitika (acordeón diatónico), aclamados aló onde van!

Os Caralludos, grupo da comarca de Lemos, poñerán a música nos cambios e na carpa do Festival, novos talentos de pura D.O. Ribeira Sacra!

Os Diplomáticos de Monte Alto, o rock bravú dende 1989 e grupo de referencia deste movemento, será a única vez que os verás na zona, podes perdelo???

Eskorzo, banda granadina de rock, reggae, funk, música balcánica, drum&bass, afrobeat, jazz en xira no Amenaza Fantasma tour 2014, son uns incendiarios!!!

Zënzar, rock clásico con influencias punk, heavy e tradiciónais, dende Meirama na súa xira de 25 aniversario!

Xenderal poñerá a despedida do concerto, canta ragga, rap e beatbox, un pioneiro deste estilo en Galiza e claro defensor do hiphop.

E como sempre aínda non rematará a festa, chegaremos á mañá cedo con Sapoconcho sen Concho!!!, este será o no DJ de cabeceira nesta edición.



- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal