>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Begoña Riobó presenta en Carballo o seu primeiro proxecto en solitario como violinista
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 22 / 8 / 14 )







Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego, e preséntase o venres 22 de agosto en Carballo para dar a coñecer o seu primeiro proxecto en solitario como violinista folk: "Riobó". Artista completa que, ademais do violín, domina á perfección instrumentos como a zanfona e a arpa céltica, é, ademais, artista de presenza nacional e internacional, xa que forma parte das bandas de Carlos Nuñez, Susana Seivane, The Chieftains, Anxo Lorenzo ou Sondeseu. Así mesmo, ten estado presente nos mellores festivais do mundo. Riobó é o nome do seu grupo e tamén o do seu primeiro traballo que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos, entre eles Xosé Liz, á hora de arranxar e interpretar melodías de tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Un concerto cheo de enerxía, de moita elegancia e momentos de gran virtuosismo, unha mostra de sensacións onde conviven as raíces culturais máis puras con fórmulas interpretativas actuais. Música tradicional a rego cheo sen espazos para a melancolía e repleta de emocións e ledicia. O espectáculo será a partir das 22.00 horas na Praza do Concello (en caso de choiva trasladarase ao auditorio do Pazo da Cultura; permitirase a entrada de balde ata completar aforo).
Segundo figura no booklet do cd de Riobó, e baixo a sinatura de Francisco Castro, o gozo na vida a través da música é posible e para iso a mostra do traballo dos de Riobó. Nun mundo onde todo é frio e superficial, escoitar a Riobó é adentrarse nun Mapa da Xeografía das Emocións onde nada queda fóra. As gañas de bailar, as de escoitar con moita atención e degustar estes novos sabores musicais e as de aprender, segundo Borges, a metáfora perfecta, aquela que excita a imaxinación. Riobó é unha oportunidade única para gozar coa música e coa maxia da arte.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal