reservaron un espazo neste evento. A maiores, na programación
iniciativas ou no encontro dedicado á normalización lingüística. Segundo o reconto da organización, no evento que se desenvolve
audiovisual, entre outras.
Contarán cun espazo propio arredor de 75 empresas, asociacións e
institucións que impulsan a creación cultural en Galiza nos diferentes
sectores e soportes
Outra trintena de entidades intervirán no programa presentando a
súa actividade e n encontros como o Foro Letras Vivas para o fomento
da lectura
O Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais promovida pola
Consellaría de Cultura e Deporte, acollerá máis de 100 entidades
galegas dedicadas á creación, a distribución e a promoción dos
produtos e servizos culturais. Con esta gran participación de todos os
ámbitos profesionais da cultura acádase o obxectivo de consolidar a
feira nesta segunda convocatoria, trala primeira organizada en
Pontevedra en maio de 2007. Desta volta celebrarase no Palacio de
Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) do 4 ao 7 de decembro,
onde se espera igualmente incrementar a presenza de público
profesional e xeral.
Fixeron a súa reserva de espazo como entidades expositoras no
Cultur.gal arredor de 75 empresas, asociacións profesionais e
institucións que impulsan a creación cultural en Galiza nos diferentes
sectores presentes na feira: artes escénicas, audiovisual, libro,
música, novas tecnoloxías da cultura e do lecer e servizos
socioculturais. Alí poderán presentar, amosar, promocionar e vender
os seus produtos e servizos, cumprindo co fin principal da feira, darlle
visibilidade á oferta cultural do país nas súas diferentes versións,
soportes e sectores.
Ademais, outra trintena de entidades, sen participar como
expositoras, intervirán na programación da feira presentando a súa
actividade nalgúns dos encontros profesionais organizados, como o
Foro Letras Vivas de fomento da lectura, a Xornada de presentación
de servizos e produtos para a dinamización lingüística, as Xornadas de
novas tecnoloxías para coñecer e innovar ou as Xornadas da industria
musical. A cifra total de participantes sobe así a máis de 100
entidades, o que fai do Cultur.gal o evento con maior participación do
tecido empresarial da cultura.
Continuando co labor iniciado na pasada edición, impulsada pola
Asociación Galega de Editores (AGE), a Feira Galega das Industrias
Culturais dedícalle un amplo espazo ao sector do libro. Presentarán as
súas novidades no Cultur.gal 21 empresas editoriais: A Serpe
Edicións, Biblos Clube de Lectores SL, Consorcio Editorial Galego,
Edicións do Cumio SA, Edicións Embora, Edicións Espiral Maior SL,
Edicións Positivas, Edicións Tambre-Grupo Editorial Luis Vives, Edicións
Xerais de Galicia SA, Editorial Everest Galicia SL, Editorial Galaxia,
Faktoria K de Libros SA, Ir Indo Edicións SL, Kalandraka Editora, M.
Moleiro Editor SA, Novagalicia Edicións SL, Rinoceronte Editora,
Rodeira-Grupo Edebé, Sacauntos SLNE (Urco Editora), Sotelo Blanco
Edicións e Tórculo Edicións SL.
Aumenta a presenza do libro na feira coa participación de diversas
librarías como as Cartabón, Nós, Pedreira e Palavra Perduda. O sector
estará tamén representado a través da súa estrutura organizativa nos
expositores da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), da
Asociación Galega Editores (AGE) e do Clúster do Produto Gráfico e do
Libro Galego.
Referencia imprescindíbel para os sectores culturaisO Cultur.gal pretende converterse nunha referencia imprescindíbel, a
xeito de cita anual, dos sectores culturais en ebulición nos últimos
anos, como son o da música e o audiovisual. Para conseguir este
obxectivo funciona como unha gran plataforma de compravenda de
produtos e servizos culturais, tanto de venda directa á cidadanía en
xeral, coma de contratación por parte de profesionais (programadores/as, xestores/as culturais, técnicos/as, etc).
Do ámbito musical dispoñerán de stand propio 14 entidades:
Asociación Galega de Empresas Fonográficas (Agaphono), Asociación
Galega de Empresas Musicais (AGEM), Berrogüetto Producións SL, Dos
Acordes, Falcatruada Imaxe e Música SL, Lonxa Cultural SL, Músicas
de Salitre, Nordesía Producións SL, Nsaio. Rede Galega de Locais de
Ensaio, Ouvirmos SL, Saraiba Producións, SinsalAudio SL,
Sons Galiza Comunicación SL e Zouma Producións SL.
Por parte da produción e distribución audiovisual figurarán 8
entidades: a Asociación de Empresas Galegas de Audiovisual (AEGA),
a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), a Axencia
Audiovisual Galega, o Clúster Audiovisual Galego, Continental
Producións SL, Dygra Films, IBCinema (Ignacio Benedetti Cine) e
Míster Misto Films.
Completan os demais sectores representados na feira entidades
relacionadas coas novas tecnoloxías, como Eganet ou Punto.Gal; con
servizos técnicos, como BackOrder; coa creatividade, como Ceo Aberto
ou Rei Zentolo; coas artes escénicas, como Escena Galega ou Talía
Teatro; coa comunicación, como os diferentes medios que participan
agrupados na Asociación de Medios Escritos en Galego; ou coa
dinamización sociolingüística, como Tagen Ata ou Reverso Servizos
Lingüísticos.
Programación profesional e xeral Cultur.gal é o mellor espazo para o
encontro, a interrelación e o contacto profesional para todas as
persoas relacionadas coa cultura en Galiza. Con este fin organízanse
xuntanzas dos diferentes sectores da produción e xestión cultural,
mesas redondas, intercambios de experiencias, seminarios e
actividades de contacto entre ámbitos e empresas e entre empresas e
clientes/as. Especificamente para os potenciais clientes/as
profesionais das industrias culturais (xestores/as,
programadores/as, técnicos/as, dinamizadores/as, etc.) haberá
presentacións de produtos e servizos en exclusiva, showcases
musicais, foros, xornadas e outras accións formativas.
Ademais, durante os catro días haberá unha ampla programación de
actividades abertas a todo o público: proxeccións, obradoiros,
actuacións musicais, presentacións de libros, discos e outros produtos,
conversas con creadores/as dos diversos ámbitos, conferencias,
mesas redondas, etc. Para o público infantil haberá numerosas
actividades lúdicas e educativas, con obradoiros de todo tipo, xogos,
contacontos, animación, etc. Constitúe unha oportunidade única para
todas aquelas persoas que queiran coñecer a oferta cultural do país
en todos os eidos.
Nota:
A lista completa de entidades expositoras pode consultarse en
www.culturgal.com.
Actuarán, entre outros, Quempallou, Uxía, Narf+Manecas Costa, Lizgairo, Telémaco, Capitán Furilo, The Homens ou Bonovo.
A segunda edición do Culturgal abrirá as súas portas do 4 ao 7 de
decembro no Palexco da Coruña. En total, participarán máis de cen
entidades galegas dedicadas á creación, a distribución e a promoción
dos produtos e servizos culturais. Cultur.gal é o mellor espazo para o
encontro, a interrelación e o contacto profesional para todas as
persoas relacionadas coa cultura en Galiza. Con este fin organízanse
xuntanzas dos diferentes sectores da produción e xestión cultural,
mesas redondas, intercambios de experiencias, seminarios e
actividades de contacto entre ámbitos e empresas e entre empresas e
clientes.
En Culturgal a música terá unha presenza moi importante. Unha
vintena de grupos e solistas actuarán en exclusiva para
programadores musicais. É a primeira vez que se pon en práctica unha
experiencia semellante en Galiza, ao estilo das grandes feiras
mundiais, para a promoción musical e para o achegamento directo
dos programadores ás últimas propostas musicais de cara á
contratación para a vindeira tempada de concertos. Desenvolveranse
todas as tardes da feira, agás o domingo, a partir das catro da tarde.
Realizouse unha escolla variada dunha vintena de bandas e solistas,
representativos de todos os estilos e formatos, para que os
responsábeis das programacións galegas teñan a posibilidade, de
primeira man, de coñecer a creación máis actual da música do país.
Nela figuran Marcos Teira, Quempallou, Uxía, Aló Irmão, Mutenrohj
Faino Ti, Escoitar, Pai da Cana, Lizgairo, Covalblú, Vellas Historias, VI-
Gop Quartet, Telémaco, Duplo Son, Aphonnic, Capitán Furilo,
Maryland, Roberto Sobrado e Bonovo.
Industria Musical
Ademais destes concertos, integran a programación musical
especializada as II Xornadas da industria musical galega e meeting
points para profesionais. Nesta actividade contarase tamén cunha
representación de artistas pertencentes ao proxecto NSAIO da
Dirección Xeral de Xuventude, nun intento de que os máis senlleiros
xa vaian tendo contacto cos modos e usos da industria musical.
Do ámbito musical disporán de stand propio 14 entidades: Asociación
Galega de Empresas Fonográficas (Agaphono), Asociación Galega de
Empresas Musicais (AGEM), Berrogüetto Producións SL, Dos Acordes,
Falcatruada Imaxe e Música SL, Lonxa Cultural SL, Músicas de Salitre,
Nordesía Producións SL, Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio,
Ouvirmos SL, Saraiba Producións, SinsalAudio SL, Sons Galiza
Comunicación SL e Zouma Producións SL.