>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

A Asociación Internacional de Estudos Galegos celebra en Bahía o seu oitavo congreso
Fonte / M�is informaci�n



Baixo o lema Galicia do outro lado do Atlántico. Voces reunidas na Bahía, celébrase dende mañá na cidade brasileira a oitava edición do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A perspectiva deste encontro é afrontar a cuestión cultural galega dende unha perspectiva máis ampla posible, polo que mestura nas súas sesións estudos críticos e investigacións, con diversas manifestacións da creación literaria e musical.


O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, abrirá mañá o congreso coa conferencia A proxección exterior da cultura galega; será presentado polo presidente da Asociación, Basilio Losada. O mércores, Craig Patterson abordará a identidade cultural galega na obra de Ramón Otero Pedrayo, e celebraranse dúas mesas redondas, unha sobre estudos de lingüística e outra sobre literatura e música. Nesta última participarán Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz e o músico de Luar na Lubre Bieito Romero.


Proxectos e publicacións

O congreso complétase coa presentación de proxectos e publicacións, ademais dunha nova mesa redonda sobre a visión da cultura galega na outra beira do Atlántico, coa presenza de Víctor F. Freixanes, Pilar Cagiao Vila e Camiño Noia Campos. Por último, a compañía galega Talia Teatro representará Bicos con lingua , de Avelino González, e a cantante Socorro Lira presentará o seu último traballo discográfico.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal