>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Revenidas en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 29 / 7 / 14 )





HOMENAXEARÁN AO MOVEMENTO BRAVÚ CON HEREDEIROS DA CRUS Á CABEZA.
Nunca antes houbera tanta actividade musical no Festival Revenidas. A undécima edición deste evento cultural, que se promociona como o festival "100% galego" celebrarase en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) do venres 22 ao domingo 24 de agosto.

Desta volta, farase unha homenaxe á celebración do XX Aniversario do Movemento Bravúl.
Así, entre os artistas xa confirmados están Heredeiros da Crus, Leo e Arremecaghona, Dakidarría, Sés, Nao, Diplomáticos de Monte Alto, Ulträqäns, Rastreros, Liviao de Marrao e Terbutalina. Entre as novidades deste ano, ademais de fixar as datas de celebración para o mes de agosto,está a habilitación dun novo escenario na Praza de Abastos, que acollerá concertos acústicos como os de Garotas de Ribeira ou Pinto de Herbón, e que será intervido por artistas plásticos do colectivo Desordes Creativas. Mantéñense apartados de anteriores como a Gala do Circo Solidaria, as actividades infantís, a feira da cultura e da música galega —que inclúe presentacións de discos, libros e unha mostra de artesanía— ou o concurso de grupos noveis. As bandas locais tamén terán o seu espazo no Revenidas a través da presenza de Borderline, Skalopendra ou Os Terribles de Arousa.
Desde a Asociación Repichoca, organizadora do festival, Bobi Boullosa destacou que Revenidas "é un festival de música que medra no número de asistentes, o festival con máis bandas e grupos galegos ao longo da historia". Destacou que este ano custou máis que nunca sacar adiante este festival, algo que sinalou foi posible grazas aos máis de sesenta voluntarios que colaboran na súa organización, así como aos seus patrocinadores. Pola súa parte, na presentación, o director da Axencia Galega das TertubalinaIndustrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, afirmou que o festival é unha cita "imprescindible" dentro do panorama musical galego "por riba da oferta artística". Gabou o traballo que se realiza para poñer en relación a música con outras moitas
actividades lúdicas, a concorrencia practicamente total de artistas e compañías galegas ou o apoio aos grupos locais e noveis.
Xa están a venda os bonos de lanzamento ata o vindeiro 27 de xullo por un prezo de 15 euros dende a páxina web do festival: www.revenidas.com. Posteriormente o prezo do bono irá aumentando de prezo. Así mesmo, todo o material de merchandising estará dispoñible a partir da vindeira semana










NOVAS RELACIONADAS:



Revenidas presenta o seu cartaz, 100% galego e centrado no Bravú
http://praza.gal/cultura/7604/revenidas-presenta-o-seu-cartaz-100-galego-e-centrado-no-bravu/


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal