>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

FESTA PRENOM: Ataque Escampe + Chicharrón no Twist&Shout

(ultima actualización: 18 / 7 / 14 )





Este sábado no Twist & Shout Club, en Ogrobe, faremos unha pequena gran festa na que tocarán os nosos queridos Ataque Escampe, presentando o seu Disco Vermello, e Chicharrón, a primeira referencia da nosa editorial, que tamén estará tocando as cancións do seu primeiro disco.

Por outra banda, Alexandra Lores presentará o seu fanzine CONA, no que participamos co deseño e maquetación. CONA é un fanzine feminista no que colaboran diferentes escritoras, poetas, artistas...

Para aderezalo todo teremos pinchadas gourmet para todos os públicos e julais:

Lourdes Caamaño Mourelle traeranos éxitos, de onte e hoxe, das mellores girl bands da historia mentres presentamos o fanzine CONA. Se te apuras e eres puntual, igual te podes tomar uns pinchos con nós e pasar de cear na casa ;)

Coito Mixto pincharán a pares modinhas brasileiras e cubanas para movelo cú xusto despois dos concertos.

Crocodeejays farán suar a xente que ainda non teña a cadeira dislocada.

Como sen imaxes non podemos pasar, contaremos con Gael (PORNO) que fará proxeccións mu locas ao longo da noite.

Por suposto, presenta André Twist&Shout.


Prezo: 3 euros














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal