>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O MUSGAFOL CHEGA A O TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 15 / 11 / 08 )





O venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra.
Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica contemporánea composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Nesta primeira edición do MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores gaiteiros e pianistas do noso país para interpretar unha selección do repertorio contemporáneo para gaita e piano, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico desta formación, que marcará un fito na historia do noso instrumento.


Programa:
Agustín Sánchez Gabriel López
Capricho de gaita (Agustín Sánchez)
Pablo Devigo Lucas Llumá
Bría (Pablo Devigo)
Cristian Silva Olalla Bouzas
“Corticata”: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)
Oscar Ibáñez Pilar Isabel Rodríguez
Redondelana (Ernesto Campos)
Paulo González Iván Abal
Contorno #1 (Paulo González)
David Bellas Ana Belén López-Villar
H2O (David Bellas)

Presenta: Javier Jurado

A ENTRADA É LIBRE







NOVAS RELACIONADAS:




http://blogs.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog.view&friendID=211423640&blogID=449144354


O venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra.
Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita
galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento
nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou
o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o
seu ensino e a súa difusión.

Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución
da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua
creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por
instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como
a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica
contemporánea composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de
agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se
potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Nesta primeira edición do MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores
gaiteiros e pianistas do noso país para interpretar unha selección do
repertorio contemporáneo para gaita e piano, gravando ao vivo, o
primeiro CD monográfico desta formación, que marcará un fito na
historia do noso instrumento.


Programa:

Agustín Sánchez Gabriel López
Capricho de gaita (Agustín Sánchez)

Pablo Devigo Lucas Llumá
Bría (Pablo Devigo)

Cristian Silva Olalla Bouzas
“Corticata”: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)

Oscar Ibáñez Pilar Isabel Rodríguez
Redondelana (Ernesto Campos)

Paulo González Iván Abal
Contorno #1 (Paulo González)

David Bellas Ana Belén López-Villar
H2O (David Bellas)

Presenta: Javier Jurado







Pontevedra acolle o primeiro encontro sobre música contemporanea para gaita
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13477


Musgafol é o título do concerto que amosará, o vindeiro venres 28 de
novembro, as posibilidades da gaita de fol para interpretar música
contemporánea en compañía do piano. Este evento, que se celebrará
no Teatro Principal de Pontevedra, contará coa presenza de nomes
coma Óscar Ibáñez, Pablo de Vigo, Olalla Bouzas, Agustín Sánchez ou
David Bellas entre outros. As actuacións gravaranse para a posterior
edición dun CD deste concerto. Con esta inciativa quérese reivindicar
as composicións realizadas especificamente para a gaita no século XXI
no marco da música académica.





Música para gaita e piano
http://www.pontevedracultura.org/musica/axendad.php?id_e=733&lg=gal


















COMENTARIOS:



the are Rolex, the "Replica moët hennessy louis vuitton" transfer the global report "Discount Louis Vuitton luggage" defined tariff times points. "Cheap Louis Vuitton neverfull mm" the has products. to "Oakley Sunglasses Sale"

Enviado por Quodydrathota o 18/6/14 ás 17:14h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal