>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Pentalfa nos Xoves do Martín Codax (Cambados)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 10 / 7 / 14 )





Xoves 10 de xullo dende as 20:30 nas adegas Martín Codax de Cambados

Pentalfa é unha iniciativa que xurde da necesidade de realizar música espontánea sen grandes despregues técnicos e que pretende ser efectiva e efectista en calquera circunstancia e contexto.

Con esa sinxeleza cautivadora presentaranse no escenario d'OS XOVES DE CÓDAX os cinco músicos desta agrupación que nace como un fillo da mítica formación Luar na Lubre. Despois de percorrer diferentes agrupacións, bandas e propostas musicais, estas cinco traxectorias musicais conflúen nun proxecto que parte da música tradicional e medieval para elaborar un concepto rotundo e eficiente que chega directamente ao espectador.

Pentalfa son os 5 ángulos dunha estrela, que neste caso é a música, e os cinco músicos son as puntas que sobresaen: Xan Cerqueiro nas frautas; Diego Barral na Guitarra; Xabier Ferreiro no caixón e no udú; Patxi Bermúdez no tambor e o bodhran; e Bieito Romero na gaita galega, a gaita midi e a zanfona. Maxia e música a través dos sentidos, o cosmos e a terra nai.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal