>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Feira de outono 08 | Pontevedra, 14-16 de Novembro
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 14 / 11 / 08 )





Música, obradoiros, magosto, demostracións artesanais, xogos
populares de mercado de productos de outono enchen a praza da
Verdura de actividade durante a fin de semana.

A tradicional Feira de outono celebra este ano a oitava edición. O
programa, ademáis de conxuntar as actividades do Encontro
Internacional de Pandeiros de Mao, complétase coa música de Os
Alegres e as Pandereteiras de Soutomaior, xogos populares e
obradoiros, que se celebran na praza da Verdura ao longo do sábado
e o domingo.

As castañas serán as protagonistas do Magosto popular que dará
comezo o sábado ás 20:30. Ese mesmo día, de 11:00 a 14:30 e de
17:00 a 21:30 horas, quedarán instalados os postos do mercado de
productos de outono, mentres que o domingo só estarán pola mañá.

A praza acollerá tamén as demostracións de oficios tradionais, así
como a mostra de destilación de augardente e unha polbeira –o
domingo-.

Xornadas gastronómicas
Os productos típicos de outono presentados e cociñados de maneira
innovadora será o que ofrecerán 7 locais de hostalaría que participan
na Feira de outono. Trátase dos seguintes: Bago, Casa Filgueira,
Restaurante Figueroa, La Tienda de Clara, Asador O Fanal, La Azienda
del Vino e Ambrosia.

En cada un deles poderanse degustar diferentes pratos e postres,
como chupachús de paspallás con mus de castaña, torata de noces,
salteado de cogomelos, xamón e gambas, etc (Máis detallado no
programa da Feira de outono).




NOVAS RELACIONADAS:



DUF. V ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO, 14, 15 e 16 de novembro
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=479


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal