>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Carqueixa Rock & Folk (Souteliño, Laza)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 9 / 7 / 14 )





O Carqueixa Rock xa vai pola súa terceira edición. Despois de moito esforzo presentamos o cartel do festival.


Pola tarde haberá espazo para @s máis pequen@s. Poderán disfrutar do Carqueixa Rock Miúdo con Contacontos (Anxo Moure) e Circo (DJ Capuzzi e a señorita X) dende as 18:00 da tarde. (Máis info en:  Carqueixa Rock Miúdo )


   


As 21:00 haberá unha Cea Popular para todo aquel que queira asistir. O prezo son 12 € e poden pagar en Bar A Picota (Laza), Casa Elena (Souteliño) ou chamando por tlf ao 686 278 489.


Sobre as 22:00 da noitiña comezarán os concertos. Os primeiros en tocar serán os integrantes de Hora Meiga. Este grupo de ourensáns leva tocando dende fai anos polas terras de Galiza e o Bierzo, acompañaranos o 2 de agosto para traer o seu folk ata Souteliño.





Logo darán paso ao grupo Guezos, outro grupo ourensán que se formou en 1999, dende aquela xa levan 5 discos e moitos concertos ao longo e ancho do Paí­s. O ano pasado estiveron no Festival Internacional de Ortigueira, e este ano terémolos no prado do Carqueixa.





O terceiro concerto será un dos máis esperados: Kepa Junkera, este artista vasco leva moitos anos tocando a trikitixa, ten 13 discos e conta cun Grammy Latino, o seu último disco chámase Galiza, e virá presentalo con vari@s amig@s no Carqueixa.





Por último pecharán o festival os Composteláns Ruxe Ruxe. Este grupo leva tocando dende o 96, e conta hoxe con 8 discos. As súas letras en galego e o seu rock do paí­s será o mellor peche para o Carqueixa.





 




- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal