>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Os Ulträqäns presentan o seu segundo disco na Sala Garufa Club (A Coruña)

(ultima actualización: 27 / 6 / 14 )





Venres 27 de xuño

Despois de 7 anos sacudindo a escena musical galega, a banda máis retrovangardista e retranqueira achega un novo proxecto discográfico, “esixente e comprometido”, neste 20 aniversario do Bravú. Os Ulträqäns son bravú, música de raíz galega, punk tabernario, rock progresivo e loucura balcánica e demostrarano o venres 27 ás 22h30 na Sala Garufa Club da Coruña, cun concerto de presentación no que tamén participarán os inclasificables vigueses La Banda de Andrelo. "Cando asaltamos un palco", advirten os Ulträqäns, "a festa convírtese nun territorio devastado pola diversión". A entrada custará 7 euros.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal