>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Son do Barbansa no Porto de Aguiño-Ribeira

(ultima actualización: 21 / 6 / 14 )





Sábado 21 de Xuño

Dez anos despois do seu último concerto na casa, os Heredeiros da Crus volven ao Barbanza. O porto de Aguiño acollerá o 21 de xuño un festival moi especial que abrirá o verán no mellor dos ambientes: o rock gamberro de Terbutalina, o peculiar estilo de Familia Caamagno e o son máis duro da man de Tevra uniranse durante unha noite ao espectáculo dos máis jrandes nun día histórico.

Por só 10 euros, as entradas anticipadas, na taquilla (de non esgotarse antes), terán un prezo de 15 euros. Nas barras, prezos máis que populares, con cañas a 2 euros e o pack de catro copas a 15 euros...

E quen queira poderá cear, e quen queira poderá mercar a camisola oficial do evento por 5 euros, e todo o merchandising de Heredeiros da Crus...

Quen pensa perder o mellor festival da historia do Barbanza?















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal