>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Torre de Breoghán: Luar na Lubre musica as invasións galegas de Irlanda en compañía da OSG
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 12 / 6 / 14 )







Venta de entradas
Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrearán no Palacio da Ópera da Coruña os vindeiros días 21 e 22 de xuño o espectáculo de ‘Torre de Breogán’, un ambicioso proxecto que inclúe un espectacular directo que recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas. Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.

Para Bieito Romero, líder de Luar na Lubre trátase dun “soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Trátase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical”.

Este concerto xirará por España e por Europa con outras orquestras e terá unha versión CD, un filme dirixido por Jorge Coira e un libro con textos do poeta coruñés Xabier Cordal. Os arranxos corren a cargo do músico coruñés Nani García, a dirección musical a cargo de Diego García, a escenografía é cousa de Franc Aleu e o deseño das ilustracións, de Estefanía Cagigao.


A ruta dos Milésians

Coma se dun marabilloso descubrimento arqueolóxico se tratase, o grupo folc Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta para dar forma a un espectáculo onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia. ‘Torre de Breoghán’ será un acontecemento musical inédito, unha versión orquestrada do mellor da banda galega, coa Orquestra Sinfónica de Galicia como acompañante de luxo.

A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns desta illa no século XI. Nel relátanse, por orde cronolóxica, as diferentes invasións que foron sucedéndose en Irlanda. A última delas é a dos Milesios, que desde a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara á illa despois de que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder Milesio, a descubrise logo de divisala desde o alto da torre que leva o nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a coñecida actualmente como Torre de Hércules.

Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos... Torre de Breoghán será unha experiencia única e sobrecolledora, unha viaxe mítica para calquera amante da música e da cultura. Luar Na Lubre embárcase nunha nova aventura na súa constante aposta por situar a música folc na vangarda da escena musical contemporánea.



- Luar Na Lubre -


NOVAS RELACIONADAS:



"Terra de Breoghán" estréase este sábado na Coruña | CRTVG
http://www.crtvg.es/informativos/terra-de-breoghan-estrease-este-sabado-na-coruna-836804





Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrean este sábado unha das producións máis ambiciosas da música galega. Torre de Breogán recrea un dos relatos épicos da cultura celta facendo confluír o folk e a música clásica coa envoltura duns efectos visuais espectaculares.

Despois de dous anos de traballo chega ao público este proxecto innovador que, a modo de banda sonora, se mergulla nun relato épico coa Coruña e a súa torre como protagonista. Orquestrada pola Sinfónica de Galicia, Luar na Lubre presenta así un soño cumprido.

Con Nani García nos arranxos e Franc Aleu nos efectos visuais, a fusión entre folk e clásica, entre música e imaxe, terá versión en CD, libro a cargo de Xabier Cordal e filme documental de Jorge Coira. Iso será no outono; antes, en directo, arrancan este sábado no Pazo da Ópera da Coruña.







Torre de Breoghán - Ensaios 18 de Xuño
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.10152140345136087.1073741831.133263506086&type=1










A lenda invade o pazo da ópera
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/06/19/lenda-invade-o-pazo-da/852473.html




Máis de cen músicos sobre o escenario, cincuenta persoas no traballo de produción, 15.000 vatios de son e 130.000 de iluminación. Son algunhas das cifras da produción Torre de Breoghán, na que Luar na Lubre e a Sinfónica de Galicia recollen a lenda de Breogán con música e imaxes en tres dimensións e hologramas. Parte da maxia que inundará o Pazo da Ópera durante a estrea deste sábado puido comprobarse onte no ensaio que a banda realizou xunto a Sinfónica.

Bieito Romero, líder e membro fundador de Luar na Lubre, recoñeceu que o recital supón "un soño cumprido", ao rescatar coa súa música o relato épico do Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), no que os monxes irlandeses do século XI recolleron a tradición oral do país. As funcións amosarán a lenda agochada trala fundación de Brigantia e a invasión a Irlanda a partir de cancións da banda e temas creados para a ocasión.





Cen músicos para lembrar a Breogán
http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-312767-cen-musicos-lembrar-breogan.html


"É a primeira vez que se fai algo así aquí. É un risco, pero un risco que cómpre correr", apunta ilusionado Bieito Romero, membro fundador de Luar na Lubre. A banda galega máis internacional ideou o espectáculo Torre de Breoghán, que estreará este sábado ás oito da tarde no Pazo da Ópera xunto ao groso da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Diego García Rodríguez, para repetir ao día seguinte ás 12 da mañá. Máis de cen músicos entre as dúas formacións subiránse ao escenario para recrear o vínculo mitolóxico entre as beiras de Galicia e a illa de Irlanda.

O son dos violíns, zanfonas, frautas ou contrabaixos partirá das letras do Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), unha xoia do medievo na que os monxes irlandeses transcribiron a tradición oral do país no século XI, recollendo un último capítulo no que lembraban a aventura de Ith, fillo do caudillo milesián Breogán. "Todo o mundo coñece o nome de Breogán, pero non sabe de onde ven", lamenta Romero, que con esta obra pretende levar a lenda ao público coruñés a través da música.

Luar na Lubre constrúe o relato partindo no punto de inicio da viaxe dos Milesiáns ata a cidade de Brigantia, onde levantaron a Torre de Breogán ou Hércules. Foi dende o alto do faro onde Ith oteou "a illa esmeralda chea de vida" -segundo relata o capítulo- que era Irlanda. "O espectáculo continúa dende ese descubrimento ata a última das invasións", engade o músico, que tamén repara nas personaxes de Breogán, Ith ou Amergin, bardo autor duns poemas que volverán soar esta fin de semana.

Esta viaxe musical ao pasado e ao universo celta acompañarase dunha película que percorrerá o capítulo do Libro das Invasións. "O público verá unha película sobre como se levantou a súa cidade. Será música para ver ou imaxes para escoitar", salienta. "É un proxecto que foi medrando ata converterse en algo extraordinario", segue o artista, que para este proxectou rodeouse de grandes especialistas como colaboradores.

Nani García, autor de bandas sonoras premiadas en películas como Engurras, encargase dos arranxos musicais, mentres que a escenografía e o deseño será responsabilidade de Fran Aleu. A galega Estefanía Cagigao pon as caras das personaxes que irán sucedéndose no escenario do Pazo da Ópera, nunha película animada que combinará imaxes en tres dimensións con hologramas.

O repertorio do concerto constará de catro partes, comezando con catro suits dedicadas aos elementos da natureza: Son da Terra, Son das Augas, Son do Ar e Ara Solis. A continuación haberá unha homenaxe á lírica galego-portuguesa; seguida da peza principal do espectáculo, Torre de Breoghán, na que os músicos centraranse no capítulo do Leabhar Ghabhála. O cuarto apartado esta reservado aos grandes temas que deixou a banda nos seus case trinta anos de historia, como Chove en Santiago, Tu gitana ou Devanceiros.

Romero compara o resultado de sumar as dúas formacións co son do disco Symphonicities, no que Sting repasaba xunto a Royal Philharmonic Orchestra de Londres os seus grandes éxitos con The Police. "Parecen cancións totalmente novas", recoñece o artista, que confía en poder levar o espectáculo a outros puntos de Galicia ou mesmo fóra dela. O traballo destes meses de ensaios e encontros para levar adiante o proxecto verase recollido nunha cinta documental de Jorge Coira.





Luar na Lubre presenta unha opera folk convertida en "música para ver"
http://www.rtve.es/radio/20140616/luar-lubre-presenta-opera-folk-convertida-musica-para-ver/956080.shtml










Música orquestral e imaxes 3D para contar a nosa historia
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/emigracion/2014/06/20/span-langglmusica-orquestral-imaxes-3d-contar-nosa-historiaspan/0003_201406SF20P29912.htm




Alumeado pola luz do faro que une o pasado da Coruña con Irlanda nace a novo proxecto de Luar na Lubre, que supera, nesta ocasión, a simple proposta musical. O grupo optou por embarcarse nunha grande produción para un traballo co que queren axudar a afondar na nosa propia historia. Será unha iniciativa multidisciplinar que mestura a súa música, cunha espectacular posta en escena e un percorrido posterior cun documental e un libro.


A proposta arranca cos dous concertos, co título Torre de Breoghán-A luz dos milésians, esta fin de semana na Coruña. Non é un traballo en solitario do grupo, senón unha proposta conxunta coa Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Diego García Rodríguez, e na que participan profesionais de grande sona como Franc Aleu, Premio Nacional de Cultura, na escenografía, e o compositor Nani García, nos arranxos musicais.


Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, destaca a magnitude destas actuacións pola orquestración de pezas da súa discografía e pola importancia que terá o discurso visual que se desenvolverá durante todo o concerto e que axudará a entender a historia que se quere contar.


Tres anos de traballo


O grupo tardou uns tres anos en lograr montar un espectáculo co que pretende dar a coñecer a historia dos milésians a través do que se recolle no libro Leabhar Ghahala Eirean (Libro das Invasións), que contén o relato dos distintos pobos que conquistaron Irlanda e como o último foron os milésians, que dende Brigantia (actual A Coruña) partiron cara a illa despois de divisala Ith, o fillo de Breoghán dende a torre que levaba o nome do seu pai (actual torre de Hércules), un líder e caudillo milesio. «Queremos recuperar a nosa propia historia. Recuperar a historia de Breoghán porque, máis alá de saber que está no himno ou da nome a un equipo de baloncesto, poucos saben que é un dos líderes milésians», comenta e apostilla que o espectáculo «vai crear curiosidade por coñecer a nosa propia historia».


Romero, que se recoñece celtista, remarca que o que pretenden é afondar os coñecementos que temos do noso pasado cun espectáculo no que se recolle unha lenda asociada dende sempre a torre de Hércules e que sirve de unión entre as dúas culturas, a galega e a irlandesa.


Os concertos arrancarán con catro temas do grupo sobre os elementos da natureza, continuará cunha segunda parte dedicada a lírica medieval galega portuguesa coa interpretación de varias cantigas e unha terceira, que da nome ao espectáculo cun tema novo, e na que se aborda a invasión irlandesa. «É unha suite épica que conta a chegada dos milésians a Galicia, e a súa marcha posterior a Irlanda, converténdose no derradeiro pobo invasor da illa», resume Romero, que di que pecharán os concertos, con temas clásicos de Luar na Lubre como Chove en SantiagoTu gitanaCamariñas. Iso si, asegura que ninguén os ouviu nunca desta maneira e que non se poden escoitar coa perspectiva dos anteriores traballos discográficos.



Ilusión


Este espectáculo -producido por Maruchy Suárez e Xabier Ferreiro, compoñente de Luar na Lubre- xerou moita ilusión ao seu redor e o director coruñés Diego García, recoñece que «supón un reto» participar nel coa OSG. El, que conta con experiencias máis aló do mundo clásico como foi o espectáculo A ópera dos tres reás, destaca que parte con ventaxa por vivir entre as dúas músicas. «Eu son gaiteiro de toda a vida e sigo co meu grupo tocando alboradas e é imporante coñecer as dinámicas do outro», apunta remarcando que haberá máis de cen músicos no escenario do Palacio da Ópera coruñés, para un espectáculo duns cen minutos de duración.


«Unha das cousas que máis me interesou a hora de participar foi o unir forzas para crear un espectáculo e que a xente acabe dicindo ?eu estiven alí? e este reúne as características para que o digan», apunta.


Tanto Romero como García coinciden en remarcar que é un espectáculo «único» que une dúas propostas musicais cunha traxectoria recoñecible. Así, a orquestra sinfónica máis importante da cidade coruñesa acompaña ao grupo máis internacional, Luar na Lubre, que leva 28 anos nos escenarios, cun currículo con más de 1.000 concertos as súas costas e un seguimento do público tamén avalado nas súas xiras más alá das nosas fronteiras.



Orquestración


O encargado de facer os arranxos musicais e de orquestrar as música do grupo para Torre de Breoghán é Nani García, un compositor, músico e produtor musical con bagaxe en bandas sonoras. «Vai ser toda unha sorpresa, unha cousa fóra de serie», asume sobre o proxecto e matiza que a música de Luar na Lubre «ten posibilidades» para ofrecer un espectáculo con elementos dramáticos e ambientes suxerentes.


«Nos concertos preténdese facer un relato e a achega de elementos cinematográficos en canto a música son interesantes», apunta sobre un traballo que lle levou catro meses e do que di que partiu con ventaxa ao o ter traballado, xunto con Xabier Ferreiro, en De Profundis o que lles aportou experiencias para abordar agora esta proposta multidisciplinar coa que se busca manter un discurso unitario.


«Levo anos reivindicando isto en Galicia, que somos capaces e maduros para producir cousas nosas cun certo nivel e isto é unha proba diso», comenta ao mesmo tempor que apostilla que «é un espectáculo claramente exportable do selo galego».



Ilusión


No que todos coinciden en señalar como o elemento máis espectacular é a portación que fai Franc Aleu ao espectáculo. O responsable da escenografía, que fixo varios traballos para La Fura dels Baus, aportara elementos tridimensionais aos concertos, que unirán o discurso audivisual co propio relatorio que se fai coa música en directo. «Realizamos una proyección inmersiva, con los músicos en el interior de dos proyecciones que se realizarán por delante y por detrás de ellos», explica do que se verá esta fin de semana no Palacio da Ópera coruñés.


«Lo hemos hecho con técnicas de animación 3D, a través de las ilustraciones realizadas por Estefanía Cagigao», relata. Esta mesma semana o seu equipo estivo en Galicia rodando paraxes naturais que ambientarán o comezo do espectáculo, que continuará cunha proposta máis pictórica para contar a historia.


«Los músicos inmersos en las imágenes crea un ambiente muy mágico», recoñece Franc Aleu, ao mesmo tempo que remarca que é o traballo no que puxo «más energía que en ninguno otro en mi vida», que explica tanto pola súa conexión co grupo e polo seu propia implicación na proposta. «Es importante remarcar que en un momento como este se haga una producción tan potente hay que valorarlo, porque no es normal, es admirable», admite, ao mesmo tempo que admite que é un proxecto «costoso».


Do empaque da produción non só da conta o centenar dos músicos enriba do escenario, senón a participación doutras cincuenta persoas nos dous días de concertos, nos que se emplean 15.000 watios de son, 130.000 watios de iluminación e 70.000 lúmenes de vídeo.


Se épica é a historia que se relata tamén o é a súa construción, un esforzo que quedará recollido nun documental que rodará o director galego Jorge Coira. Esta proposta completarase na parte literaria coa achega de Xabier Cordal nun libro sobre a historia dos milésians, que irá acompañado dun cedé no que se recollerá a suite principal que se interpretará nos concertos de a Torre de Breogán-A luz dos milésians. Para estes traballos aínda non hai data de presentación, pero agardan que estean rematados cara o outono.


Xira


Bieito Romero non se cansa de destacar a achega de todos os que se involucraron neste proxecto, e solta nomes para agradecer todo ese traballo de colaboración, dende Carmen Alonso que os asesorou co Leabhar Ghahala Eirean ata o resultado da combinación de profesionais recoñecidos tanto na parte musical como na do deseño da escenografía.


Pese a singularidade do proxecto, que recoñecen que está na vangarda das propostas musicais, móstrase cauto a hora de cando poderá ser exportado e cando poderase ver noutras latitudes.

















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: Fuxan os Ventos: Lúa de Prata ::

:: Presentación do libro-cd "Fí­os do querer" ::

:: Tradicionalmente, de Carlos Estévez ::

:: Conví­rtete en Mecenas do disco Elelelos: Músicas de tradición oral do Concello de Bueu ::

:: O disco de CAXADE está-se cozendo ::

:: Xa está á venda o libro sobre Germán V. Soneira ::

:: Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD ::

:: Cantocha de mala ghana - Adianto do novo disco de Mónica de Nut: DOS FIOS INVISIBLES CHEGAN AS CORES ::

:: A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico. ::

:: Som do Galpom - A piques de estourar ::

:: “CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: 26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD ::

:: Pop, novo disco de Luis Peixoto e Fernando Barroso que busca financiación na plataforma Verkami ::

:: Andando a Terra. Uxía Canta a Manuel María ::

:: "Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional ::

:: KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA ::

:: Presentación do libro-cd "De Voces Ceives a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega" de Antón Seoane ::

:: Presentación en Ames do libro-disco de Germán Soneira ::

:: Presentación do novo disco de Terbutalina, A MUERTE, na Sala Capitol (Compostela) ::

:: Concerto-presentación do disco "Dos fíos invisibles chegan as cores", de MÓNICA de NUT e VIRXILIO da SILVA ::

:: Presentación do CD/DVD SERAN EN TOUTÓN, en Mondariz ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO MAGNÉTICO-ZEN DE XOÁN CURIEL EN LA HABITACIÓN DE NIÑA CARACOL (OURENSE) ::

:: Torre de Breoghán: Luar na Lubre musica as invasións galegas de Irlanda en compañía da OSG ::

:: Os Ulträqäns presentan o seu segundo disco na Sala Garufa Club (A Coruña) ::

:: 2naFronteira presenta Zapatiños para Díaz Castro en A Coruña ::

:: Presentación en Bueu do Proxecto Elelelos ::

:: Marta Quintana e Cuchús Pimentel achéganse a Diaz Castro no multiusos de Redondela ::

:: Presentaciòn do libro O Gaiteiro de Santo Xusto ::

:: Presentación-Festa do libro biográfico dos Diplomáticos de Monte Alto ::

:: Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultura ::

:: Sesión Bravú no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) ::

:: Presentación do libro TANTO ENCANTO REUNIDO en San Sadurniño ::

:: Tanto Nos Ten presenta o seu novo CD en Redondela ::

:: Pandeiromus presenta "TEÑO DÍAS" ::

:: LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO, novo disco de Guadi Galego ::

:: O Fiadeiro: Presentación do libro-CD “A viaxe de José do Campo” na ETRAD (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo do novo disco de A Quenlla ::

:: Presentación Novo disco Santos Morcegos na IV Festa de Entruido Da-lhe co Sacho. En A Guarda ::

:: aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada ::

:: Riobó presenta Quiral ::

:: Presentación oficial en Vigo do novo LP de Camarada Nimoy ::

:: Disco-presentación Liviao de Marrao + Collón de Lola (Compostela ::

:: Presentación en Lugo do libro "Pito Galego, Método Práctico" Edt. Ouvirmos ::

:: Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal ::

:: Presentación do disco SONS DE NÓS no teatro Colón (A Coruña) ::

:: Presentación-concerto do disco de Sindicato da noite, en Andel (Vigo) ::

:: Presentación do disco de Algarabia en Mos ::

:: Presentación do libro Repertorio Tabernario ::

:: IREI A DARBO. Presentación da curtametraxe en Cangas ::

:: Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal ::

:: SES no Culturgal | Sinatura de discos ::

:: Presentación en Ponteareas de Alborada Dun Soño, de Anton Corral ::

:: Concerto-presentación do disco dos CHAVELLOS en Mos (Pontevedra) ::

:: Os Carunchos en Vincios (Gondomar) ::

:: Presentación do libro O Gaiteiro de Santo Xusto 'O son da Ulloa' en Monterroso ::

:: Brigada Bravo&Díaz presenta disco en Santiago De Compostela ::

:: Irei a Darbo ::

:: Presentación do videoclip de Samarúas en A Coruña ::

:: Presentación de indoevindo de Milesios en Lugo ::

:: Presentación en A Coruña do libro-CD "indoevindo" de Milesios ::

:: Presentación en Rianxo do libro+CD: Os soños na gaiola en concerto ::

:: Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol ::

:: Presentación de indoevindo en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei. Lugo) ::

:: Presentación en A Coruña dos novos vídeos de Os Diplomáticos de MonteAlto ::

:: Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña) ::

:: Presentación en Rianxo do libro-cd homenaxe Ramón Carou ::

:: 40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa ::

:: Presentación en A Coruña do libro-disco 'ELISEO PARRA, nunca perseguí la gloria' ::

:: Presentación do libro "O Tamborileiro Técnico" na MMC de A Coruña ::

:: Susana Seivane pre-estrea 'Fa' en A Coruña ::

:: Presentación de Herdeiras en Mondariz ::

:: Tiruleque presenta "Outro que tal baila" en Compostela ::

:: Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas ::

:: Presentación do primeiro disco de Volta e Dalle en Mondariz ::

:: Presentación en Vigo da Chave Mestra ::

:: Dorothé Schubarth presenta 'Os cantos do mar' en Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Presentación de Aldea Viva en A Coruña ::

:: Presentación do Libro-CD Son da Maía en Calo (Teo) ::

:: Concerto-Presentación do libro O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en Ferrol ::

:: Bruno Villamor presenta O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en A Coruña ::

:: MetalXis presenta o seu primeiro traballo en Bembrive (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo dos traballos de Pablo Rial e Rafa Crespo ::

:: Apresentação SINDO DE OLELAS COM XURXO SOUTO E RAMOM PINHEiRO (Arca da Noe - Vilar de Santos) ::

:: Gonzalo Caride presenta O SAÍR PRÁ ROMARÍA en Lavadores (Vigo) ::

:: Os Melidaos presentan TRIBU NOSA (Melide) ::

:: Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez ::

:: Presentación dos libros `Entre Lusco e Fusco´ e `Colleita Propia´ en Moaña ::

:: Presentación do libro `Guadi Galego. Pola beira da canción´ na Libraría Paz (Pontevedra) ::

:: Concerto presentación do Libro-CD Vilaverde de Os Viqueiras en A Coruña ::

 

:: A OFG SONDESEU EN A CORUÑA. SÁBADO 8 DE MARZO. 20:30. TEATRO ROSALÍA DE CASTRO. XIRA PRESENTACIÓN DANZAS BRANCAS ::

:: A OFG SondeSeu en Compostela ::

:: Concerto de Som do Galpom en Burela ::

:: SONDESEU, A ORQUESTRA FOLK DA ETRAD, INICIA XIRA DE PRESENTACIÓN DE DANZAS BRANCAS ::

:: Presentación do libro CD CoraSons na Illa de Arousa ::

:: Presentación do Libro TREBOADA GALEGA en A Guarda ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Caminantes de Finisterre presenta o seu DVD 'Vivo en La Plata' ::

:: Presentación de Pan de Millo, este sábado en Pontevedra ::

:: Cé orquestra pantasma, presentación en Vigo do disco "Do Meu" ::

:: TIRULEQUE presenta o seu 2º traballo discográfico "Mu!!" ::

:: V Edición de Persoeiros da Terra: Presentación do Libro-CD "Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas", na Casa Común de Calo 'Marisa Mirás', no Concello de Teo ::

:: Presentacion en Compostela de ARROCK CON CHICHAROS o novo disco de Pito de Pikasso ::

:: Sés presenta en Compostela o seu disco Co Xenio Destrozado ::

:: Uxía Senlle presenta Rosalía Pequeniña acompañada por Sergio Tannus e Santiago Cibreiro ::

:: Concerto de SKANDALO GZ no Avante en Santiago ::

:: Kepa Junkera, convidado de luxo na Foliada da Baiuca (Arteixo) ::

:: SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías” ::

:: Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE ::

:: Concerto de Os Minhotos en Lugo presentando A Pinga D'auga ::

:: A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS ::

:: Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País. ::

:: Presentación do disco de ORBALLO na Casa de Cultura de Pontedeume ::

:: Milesios presenta en Lugo o seu disco Alén Mar ::

:: Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo) ::

:: Skandalo Gz presenta o seu disco Esperta!! Na Gentalha do Pichel (Compostela) ::

:: Presentación en Lugo, de PINGA D'AUGA, novo disco de Os Minhotos ::

:: GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría en Teo ::

:: Presentación do libro "TREBOADA GALEGA" ::

:: Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU ::

:: Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga ::

:: Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición) ::

:: Presentación en Arzúa do disco de Julio Vázquez Carril ::

:: Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios ::

:: AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní­ ::

:: Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: Concerto-Presentación do CD de Agustí­n Sánchez “Pezas de aquí­ e acolᔝ na Tradescola (Lugo) ::

:: Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O Canto do Pobo ::

:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::

:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::

:: Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::

:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::

:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::

:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::

:: As cancións perdidas do pazo ::

:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::

:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::

:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::

:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::

:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::

:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::

:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::

:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::

:: Lizgairo - Diacroní­as ::

:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::

:: Tiruleque ::

:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::

:: 'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón ::

:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::

:: Noitarega, "XXI" novo disco ::

:: Dous + Tres = Folkfusión ::

:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::

:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::

:: Así­ fan os bailadores... ::

:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::

:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::

:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::

:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::

:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::

:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::

:: Once máis 15, poemas musicados ::

:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::

:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::

:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::

:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::

:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::

:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::

:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::

:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::

:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::

:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::

:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::

:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::

:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::

:: `Benzón´ de Guadi Galego ::

:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::

:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::

:: `O Berce das Palletas´ ::

:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::

:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::

:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::

:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::

:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::

:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::

:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::

:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::

:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::

:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::

:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::

:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::

:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::

:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::

:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::

:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::

:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::

:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::

:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::

:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::

:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::

:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::

:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::

:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::

:: Presentación do libro O vestido de onte ::

:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::

:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::

:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::

:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::

:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::

:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::

:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::

:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::

:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::

:: Presentación do CD Son de Rianxo ::

:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::

:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::

:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::

:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::

:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::

:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::

:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::

:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::

:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::

:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::

:: Xa está online A Grileira Nº10 ::

:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::

:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::

:: PAI Música editará Cantos na Maré ::

:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::

:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::

:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::

:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::

:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::

 

 




 

Voltar á páxina principal