
O 14 de xuño, a partir das 10 da noite, en Rebordechán (Crecente), ven vivir con nós a VI NOITE DA MOURA.
A lenda afirma que “a danza dunha moura encantada provocaba que, as cagalletas dunha cabra se converteran en pepitas de ouro coas que se regalaba fartura para todo o ano aos veciños de Rebordechán (Crecente), ademais dun fillo, para que se mantivese a estirpe. Os habitantes agradecíanllo aos deuses, tocando gaitas e tambores; comendo carne de porco, bebendo viño baixo o orballo, ata o raiar do novo día, para ver bailar o sol, cunha cunca de caldo na man”.
Por iso, este ano, segundo o peso das cagalletas da cabra, daremos ao seu fillo. E sortearemos trebellos da aldea.
E, durante toda a noite, música tipo serán. Ven disfrutar con nós!
|