>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

2ª Foliada Santa Palleta (As Pontes)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 13 / 6 / 14 )






 


 








Devot@s de Santa Palleta!! Xa temos ás portas o voso día!!

SÁBADO 14 DE XUÑO, SANTA PALLETA NOS COLLA AFINADOS!!


POLA TARDE, DENDE AS 18:00 hs.

Con todos os devot@s que nos xuntemos faremos un percorrido barístico dende o centro de As Pontes ata a Cafetería Lar, levando a Santa Palleta e San Pipote (lembrade que os imos a irmandar nesa noite) no remolquillo dun motocultor para que se vaian coñecendo, e ó mesmo tempo ensinándolles lugares de lecer como poden ser os os bares ponteses dos cales a nosa Santa e ben coñecedora.

A quedada ás 18:00 hs. é na Caseta do Parque, no parque do Campo da Feira. Animádevos devot@s, que haberá que facer unha boa “procesión”!!!!


POLA NOITE, DENDE AS 21:00 hs.

Tras chegar ó Lar despois da pasear a Santa Palleta e San Pipote, ás 21:00 hs comezarán os concertos que lle dan todo contido a esta festa da Santa Palleta. Un total de 18 grupos subirán ás tarimas do Lar. Este ano contaremos cunha carpa para albergarnos das fresca da noite, porque polo resto o bo tempo témolo asegurado.

Haberá boa mantenza para os bandullos coa pulpeira-churrasqueira que se instalará no recinto, e a prezos populares.

Ás 23:40 hs. faremos un alto nas actuacións para dar paso á tan agardada procesión da Santa Palleta. Que este ano será “paseada” polas catro seguintes cofrades elexidas por unanimidade polas Confradía da Santa Palleta: Raquel Cabarcos (No Cómbaro), Sara López (Os Feroces/Banda de Gaitas Alfaia), Carolina Leal (Os Feroces/Muxarega) e Zulema Chao (O Garabato dos Trasnos).

Durante a procesión interpretarase o pasodoble Cabezudos a cargo de todos os gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, etc. que se queiran sumar á procesión.




 





















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal