>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS AULAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL PARA O VINDEIRO CURSO 2014/2015
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 13 / 6 / 14 )



A TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abre o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional para o vindeiro curso que se iniciará no outono. 


A TRADESCOLA, que este ano contou con máis de 230 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.


Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Pablo Carpintero, Xela Conde e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.


Un dos obxectivos da Tradescola é normalizar e incrementar a presenza da música e da cultura tradicional galega na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, certames ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional, tanto na cidade de Lugo onde imparte as aulas diariamente, como en distintas comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co mundo da cultura tradicional.


A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) a través da Tradescola, mostra así a súa inquedanza por manter vivas as nosas tradicións e conservar, promocionar e difundir a nosa cultura.




PREINSCRICIÓNS NA TRADESCOLA


A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.


Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.


As clases impártense en horario de tarde, de luns a venres, e o curso iniciarase en outubro.


Poden solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.com















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal