>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Sardiñas e música tradicional para celebrar o Santo Antonio:::
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 6 / 14 )





O venres 13 de xuño celébrase en Ouzande a festa de Santo Antonio.
As actividades festivas comezan ás 21h cos actos relixiosos en honra do patrón dos animais e dos namoros.
Seguidamente, contra as 22h, no Campo da Festa dará inicio unha gran sardiñada gratuíta.

Os manxares van estar acompañados pola música de tres formacións musicais:
O Regato de Matamulleres,
Retrouso e
Recanto.

 O Regato de Matamulleres toma nome do lugar homónimo de Callobre onde naceron aló por 1995. Segundo eles mesmos afirman, fan música limpa e "á súa maneira" procurando ser eles mesmos os primeiros en se divertir no escenario para transmitilo ao público. O repertorio recolle pezas tradicionais e versións de grupos consolidados como Quempallou, Susana Seivane, Os Carunchos ou Treixadura. Algunhas pezas son de produción propia.

Retrouso é o grupo nacido das clases de gaita e música tradicional de Ouzande, xa teñen no mercado un disco co mesmo nome da parroquia "Ou". Teñen unha axenda moi apretada, sendo os animadores de numerosas festas e romarías tanto na comarca como por Galicia adiante e mesmo no estranxeito. Retrouso toca música tradicional moi mimada e moi festeira coa que consiguen que o público baile e se divirta a ritmo de xotas, muiñeiras, pasodobles, valses ou rumbas.

Recanto é o grupo de canto tradicional nacido das clases de canto da Fervenza de Ouzande. Naceron ao pé do Muíño do Rubio durante unha "noite no muíño" e pola necesidade de ter un repertorio común para cantar xuntos. Ao pouco xa estaban recibindo clases da man de Marcos Varela e en poucos meses xa se deixaron escoitar no certame de Cantos de Taberna de Pontevedra. Nos últimos meses participaron en certames como os cantos de taberna da Estrada ou Arzúa.


A festa de Santo Antonio é coñecida popularmente en Ouzande como "A Sardiñada", está organizada pola Comisión de Festas (Xunta Parroquial) e constitúe a primeira festa "de verán" da aldea.



- A Fervenza de Ouzande -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal