>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Magosto'08 - Vigo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 14 / 11 / 08 )





VENRES, 14 DE NOVEMBRO
18.00h TEATRO. “The Pinga Teatro” porá en escena a obra Unha rosa no xardín.
Na A.V.C.D. de Lavadores.

19.00h MAGOSTO con castañas de balde para todas as persoas asistentes.
Na A.V. Pontenova-Freixeiro.

19.30h MAGOSTO amenizado polo grupo de pandereiteiras da A.V. Pontenova-Freixeiro e o grupo de gaitas e baile tradicional “Nautilius” de Comesaña .
Na A.V.C.U. – C.S.C.D.R. “Val do Fragoso”.

19.30h MAGOSTO coa actuación do grupo de pandereiteiras “As meniñas de Tarambainas” da A.V.C.D. de Lavadores
Na A.V. “As Nosas Rúas” (Travesía de Vigo).

20.00h MAGOSTO coa actuación de C´E ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra) da A.V.S.C.D. O Freixo.
Na A.V. “Camiño Vello” de Coia.

SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO
11.00h CAMIÑADA pola parroquia e xantar. A partir das 19.30h
MAGOSTO amenizado polo grupo de acordeóns de Valadares,
“Bouzacoba”, “Os Tabáns” e a Rondalla de Freixo.
Na A.V.S.C.D. O Freixo.

16.00h XORNADA MICOLÓXICA. Saída ao monte con explicación, identificación e recolección de cogumelos para a súa posterior preparación e degustación.
18.30h MAGOSTO. Con castañas gratuitas para todas as persoas asistentes
Na A.V. “San Xurxo” de Saiáns

17.00h MAGOSTO.
Na A.V. San Roque.

17.30h MAGOSTO coa actuación da Coral Polifónica “As Fontes” da A.V. e a actuación dun grupo de baile moderno.
Na A.V. “As Fontes” de Vilar.

18.00h MAGOSTO coa actuación do grupo “Cantareiras do Alba” do C.V.C.de Valadares.
20.00h TEATRO “Aforo Teatro” porá en escena a obra Do cotián: o absurdo.
No A.V.C.U. - C.S.C.R. Beade.

18.00h MAGOSTO coa actuación do grupo de gaitas “Arume” do C.S.C.R. de Beade e do baile tradicional “Semente da Arte Galega” do C.S.C.R. Beade.
Na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo.

19.00h MAGOSTO.
Na A.V.C.D. de Sampaio.

19.00h MAGOSTO coa actuación do grupo gaitas “Fume de Caroso” da A.V. “Rúas e Fontes” e degustación e mostra dos cogumelos recollidos pola mañá polos montes da parroquia de Candeán.
Na U.V.C.D. Candeán.

20.00h MOSTRA DE CORAIS coa participación das corais:

Coral “Virxe do Mar” (Cedeira)
Coral do C.S.C.R. de Beade
Coral da Asociación Cultural “Estrelas de Silveirinhos” (Portugal)
Coral do C.V.C. de Valadares
No C.V.C. de Valadares.
20.00h MAGOSTO. Haberá castañas asadas para todos os asistentes e a velada estará amenizada polo grupo de metais “Grume” e o grupo de gaitas, ambos da A.V.C.R. “San Mamede”.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

20.00h CONCERTO BANDA DE MÚSICA.
Na A.V.S.C.D. de San Miguel de Oia.

20.30h MAGOSTO.
Na A.V.C.D. Cabral.

20.30h FESTA DO MAGOSTO onde se degustarán castañas e se contará coa actuación do dúo “Jaco & Boo performance”.
Na A.V.C.D. “Monte da Mina” (Castrelos).

22.00h MAGOSTO Actuación do grupo gaitas “Fume de Caroso” da A.V. “Rúas e Fontes” e o grupo de grupo de baile con acompañamento “Asubío” da A.V. “Rosalía de Castro” da Salgueira.
Na A.V. “Rúas e Fontes” (Cabral – Maceiriña).

DOMINGO, 16 DE NOVEMBRO
17.00h “Títeres en acción” porá en escena a obra Trastos Vellos.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

18.30h 9º CERTAME DO HUMOR con invitados de excepción.
No C.V.C. de Valadares.

19.00h OUTONO CULTURAL CONCERTO da Banda de Música “Unión Musical de Valadares”.
Na A.V.C.D. Cabral.

19.00h TEATRO “Aforo Teatro” porá en escena a obra Do cotiá: o absurdo.
Na U.V.C.D. Candeán.

SÁBADO, 22 DE NOVEMBRO
20.00h TEATRO “Disque Danza” porá en escena a obra E me deixo enlear.
Na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo.

20.00h ACTUACIÓN da Escola de Música de Valadares.
No C.V.C. de Valadares.

20.00h CONCERTO SANTA CECILIA. Actuación do grupo de metais “Grume” e concerto de gaiteiros.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

20.00h SEMANA CULTURAL. ACTUACIÓN do grupo de pandereiteiras “Mirandeiras” da A.V. Navia.
Na A.V.C.D. de Sampaio.

DOMINGO, 23 DE NOVEMBRO
12.00h MISA de Santa Cecilia.
No C.V.C. de Valadares.

19.00h TEATRO UNIVERSITARIO coa obra Proof.
Na A.V. de Navia.

19.30h TEATRO. O grupo de teatro “Tarantela” do C.S.C.R. de Beade estreará a obra O pasado e o presente.
No A.V.C.U. - C.S.C.R. Beade.

19.30h CONCERTO DE SANTA CECILIA. Coa actuación das seguintes corais:

Coral Polifónica “Mª Madre del Buen Pastor”
Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns
Na A.V.C.D. “Monte da Mina” (Castrelos).
20.00h SEMANA CULTURAL. ACTUACIÓN do grupo de Danza Moderna da A.V.C.U. – C.S.C.D.R. Val do Fragoso.
Na A.V.C.D. de Sampaio.

SÁBADO, 29 DE NOVEMBRO
11.30h HOMENAXE aos mortos da Guerra Civil no parque de Barreiro.
Organiza a A.V.C.D. de Lavadores.

19.00h MISA polos socios defuntos na igrexa parroquial de Santo André de Valadares. A misa será cantada pola Coral Polifónica do C.V.C. de Valadares.
No C.V.C. de Valadares.

19.00h CONCERTO da Coral Polifónica da U.V.C.D. de Candeán.
No auditorio do Centro Cívico de Teis.

19.30h CLAUSURA OUTONO CULTURAL Actuacións de:

A.C.F. “O Fiadeiro”
Grupo de pandereiteiras “Chourovía” da A.V.C.D. de Cabral
Grupo de gaitas e percusión tradicional “Xangal” da A.V.C.D. de Cabral.
Na A.V.C.D. Cabral.

20.00h FESTIVAL DE CORAIS. Coa actuación das seguintes corais:

Coral “Mª Madre del Buen Pastor”
Coral Polifónica de Matamá
Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns
Coral Polifónica C.S.C.R. Beade
No A.V.C.U. - C.S.C.R. Beade.

20.00h CONCERTO SANTA CECILIA coas actuacións da:

Agrupación Musical “Lira” de San Miguel de Oia
Banda Infantil “Lira” de San Miguel de Oia
Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia
Na A.V.S.C.D. de San Miguel de Oia.

22.00h CEA BAILE amenizado por un dj. (Anotarse na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo).
Na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo.

22.00h SERÁN POPULAR con moita música para bailar e gozar.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

DOMINGO, 30 DE NOVEMBRO
17.00h FESTA VECIÑAL con MAGOSTO POPULAR. Haberá xogos para a rapazada, sorteo de lacóns e chourizos e, por suposto, castañas asadas e bebida. Amenizado polo grupo de pandereiteiras “Volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade.
No patio da A.V. “Dr. Fleming”.

19.00h TEATRO ADULTOS o grupo “Lareira Teatro” coa obra Infinitas posibilidades.
Na A.V.C.D. Cabral.


- Asociación Veciñal Doutor Fleming- O Fiadeiro- Tarambainas -


NOVAS RELACIONADAS:



O Movemento Veciñal de Vigo convida a toda a cidadanía a unha fin de semana de magostos
http://morrazo-tribuna.blogspot.com/2008/11/o-movemento-vecial-de-vigo-convida-toda.html


Ata 16 asociacións veciñais achegarán a tradicional festa dos
magostos a diferentes barrios e parroquias da cidade. Actuacións de
grupos tradicionais, teatro, castañas quentes e un punto de encontro
para a veciñanza, algúns dos alicientes para achegarse á asociación
veciñal máis próxima e vivir os tradicionais magostos.
Este venres 14 e sábado 15 de novembro movemento veciñal celebra
a grande fin de semana de magostos. As asociacións veciñais da
cidade organizarán 16 magostos repartidos por diferentes barrios e
parroquias. Haberá festa do magosto en Freixeiro, O Val do Fragoso,
Travesía de Vigo, Coia, O Freixo, Saiáns, San Roque, O Vilar, Beade,
San Xoán Poulo, Sampaio, Candeán, Zamáns, Cabral, Castrelos,
Parada – Maceiriña.
O vindeiro domingo 30 de novembro terá lugar o derradeiro magosto
organizado pola A.V. “Dr. Fleming”. Con este magosto péchase a
programación de MoveVigo Magosto´08, financiado por Tenencia de
Alcaldía e Concellaría de Cultura do Concello de Vigo, para volver no
vindeiro mes de decembro cun novo ciclo cultural e de actividades,
esta vez centradas nas festas e tradicións do nadal e reis; todo para
dinamizar os barrios e parroquias da cidade, convertilos en puntos de
encontro e lograr a máxima difusión e participación na oferta cultural
que o movemento veciñal pon a disposición de toda a cidadanía















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal