>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Novo traballo de Ataque Escampe: O disco Vermello

(ultima actualización: 21 / 5 / 14 )





(capa do disco, deseñada polo artista Misha Bies Golas, a fotografía promocional, feita por Alba Viñas e María Esteirán)

Nas próximas semanas sairá en formato Compact Disc, pero mañá, 22 de maio, Ataque Escampe colgarán na rede (en Bandcamp) a edición dixital do seu novo traballo: O disco vermello (Discos da Maquina), gravado nos Estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero entre os meses de febreiro e maio de 2014.j 11 cancións co compromiso coa realidade e a poética da supervivencia como nexos comúns, e avanzando territorios inexplorados musicalmente cun grande peso das bases electrónicas que lles permite ofrecer algúns dos temas máis bailables de súa discografía


As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre.

Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011) ou Noites de agosto con Ataque Escampe (2012), entre outros. En 2014 publican con Discos da máquina o LP O disco vermello.

Do pop á americana con paradas no krautrock, na cumbia, no disco, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas.

Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de Alfa-Centauro.


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal