>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Baile Assalto ELMPG maio (Gentalha do Pichel - Compostela)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 9 / 5 / 14 )





Venres 9 de Maio
19 – 20.30 obradoiro de baile
21.30- 1.30 h Baile Assalto

Baile Assalto da Escola Livre da MPG para o mes das flores na Gentalha do Pichel (Sta. Clara 21, Compostela). Este mes adicado a bailes do leste de Europa e Israel. A sesión está dirixida polos mestres de percusión e violino da ELMPG (Kinhos Saburido e Gutier álvarez respectivamente). Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe para estas danzas dirixido especialmente por Pili Conde que é tamén a comisaria do Baile Assalto. Comezamos puntualmente 19h.

Bailes: especial sobre danzas de Romanía, Grecia e hebreas: Hora Mare (Rom), Tzakonikos (Gre), Ikarioticos (Gre), Hassaposerviko (Gre), Kalamatianos (Gre), Tzadik Katamar (Heb) e Samoth (Heb). Extremadamente doadas e entretidas todas elas.

Ademais haberá danzas das xa coñecidas: galaicas varias, schotische, cercle, bourrées, chapelloise, OXO reel, hater dro, gavotte, OXO reel, etc…

Haberá tres pases a cargo de dúas formacións:

Trio Os sureños (músicos da Escola Livre do suroeste galego): Javier Álvarez (diato), Marcos Saburido (percusións), Gutier Álvarez (violin, vioara cu goarna e Zanfona) e coa colaboración inestimable de Pedro Pascual (bouzouki).
Músicos invitados co grup Kumbal Trad da Coruña e que levan moitos anos facendo música para bailes europeos.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal