Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Páxina aberta de
Actualidadesical Galega

XML




   >> Iniciar Sesión  

 


 

Sobradelo recupera e transmite o patrimonio cultural galego coa celebración do “Serán’08”
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=49670

(nova engadida o día 14/ / 11/ / 08 )



O serán 08 converterá a Sobradelo no epicentro da cultura popular
galega o vindeiro sábado, 15 de novembro.

Aparte de ofrecer un espazo de diversión, este evento lúdico, cultural,
musical e gastronómico, ten coma obxectivo recuperar a práctica
destas xuntanzas tradicionais nas que se transmitía o folclore e as
costumes de cada zona de xeración en xeración.

Seguindo a costume tradicional, o Serán de Sobradelo reunirá a
nenos, mozos, adultos e persoas maiores para compartir unhas horas
de diversión como se facía antes e co obxectivo de que os máis novos
teñan a oportunidade de aprender cancións, lendas, bailes e técnicas
instrumentais pero todo, baixo o denominador común da diversión.


Os organizadores deste evento son os membros da Asociación
Cultural “Nós” de Sobradelo, colectivo que conta cona colaboración da
Concellería de que facilita parte da infraestrutura precisa para a
promoción e desenvolvemento do acto.


O Serán comezará ás 22:00 horas e desenvolverase no campo da
festa, onde se instalará unha gran carpa dotada con canóns de calor.
Como se facía antigamente, despois das xornadas de labranza,
desfolladas e outras actividades que antigamente se facían de forma
comunitaria, os veciños asistirán ao serán para compartir unha noite
de diversión cantando, bailando e tocando. Ao Serán de Sobradelo
acudirán colectivos de diferentes puntos de Galicia, xa que a
organización pretende que nel se poidan ver os distintos xeitos de
bailar, tocar pandeiretas, pandeiros e gaita e mesmo de cantar temas
da tradición popular. Os maiores xogarán un papel destacado
lembrando os seráns do seu tempo, as costumes, xeitos de tocar
instrumentos musicais, relatando lendas e demais; polo que o serán,
a parte do carácter festivo e cultural,adquire tamén unha compoñente
de relación interxeracional.

E como a gastronomía ten unha parte importante na cultura galega, a
organización repartirá entre os asistentes viandas típicas como
mexillóns ao vapor con cachelos, empanada, licor café e, xa de
madrugada e para manter as forzas despois de tanta festa, haberá
chocolate quente con rosca e churros.

Tanto os representantes da Asociación Cultural “Nós”, como o
concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, fixeron un chamamento a
todos os veciños do municipio e tamén ós da bisbarra do Salnés para
que acudan o Serán’08 de Sobradelo. O presidente do colectivo “Nós”,
Xurxo Santos, comentou que o ano pasado participaron neste evento
unhas 1.800 persoas, cunha media constante no interior da carpa
dunhas 500. A previsión desta nova edición é a de superar as cifras de
2007.

Pola súa banda, Castro Ratón, salientou a importancia do “Serán” de
Sobradelo, un dos máis multitudinarios dos que se celebran nestes
intres en Galicia, e agradeceu á Asociación “Nós” que teñan
recuperado esta importante tradición galega, esencial para o
mantemento e transmisión do noso patrimonio cultural.




NOVAS RELACIONADAS:

Sobradelo recupera e transmite o patrimonio cultural galego coa celebración do “Serán’07”
http://www.ivilagarcia.com/novas/rtdo2.asp?idnoticia=4911


O serán 08 converterá a Sobradelo no epicentro da cultura popular
galega o vindeiro sábado, 15 de novembro. Aparte de ofrecer un
espazo de diversión, este evento lúdico, cultural, musical e
gastronómico, ten coma obxectivo recuperar a práctica destas
xuntanzas tradicionais nas que se transmitía o folclore e as costumes
de cada zona de xeración en xeración.
Seguindo a costume tradicional, o Serán de Sobradelo reunirá a
nenos, mozos, adultos e persoas maiores para compartir unhas horas
de diversión como se facía antes e co obxectivo de que os máis novos
teñan a oportunidade de aprender cancións, lendas, bailes e técnicas
instrumentais pero todo, baixo o denominador común da diversión.

Os organizadores deste evento son os membros da Asociación
Cultural “Nós” de Sobradelo, colectivo que conta cona colaboración da
Concellería de que facilita parte da infraestrutura precisa para a
promoción e desenvolvemento do acto. O Serán comezará ás 22:00
horas e desenvolverase no campo da festa, onde se instalará unha
gran carpa dotada con canóns de calor. Como se facía antigamente,
despois das xornadas de labranza, desfolladas e outras actividades
que antigamente se facían de forma comunitaria, os veciños asistirán
ao serán para compartir unha noite de diversión cantando, bailando e
tocando. Ao Serán de Sobradelo acudirán colectivos de diferentes
puntos de Galicia, xa que a organización pretende que nel se poidan
ver os distintos xeitos de bailar, tocar pandeiretas, pandeiros e gaita e
mesmo de cantar temas da tradición popular. Os maiores xogarán un
papel destacado lembrando os seráns do seu tempo, as costumes,
xeitos de tocar instrumentos musicais, relatando lendas e demais;
polo que o serán, a parte do carácter festivo e cultural,adquire tamén
unha compoñente de relación interxeracional.

E como a gastronomía ten unha parte importante na cultura galega, a
organización repartirá entre os asistentes viandas típicas como
mexillóns ao vapor con cachelos, empanada, licor café e, xa de
madrugada e para manter as forzas despois de tanta festa, haberá
chocolate quente con rosca e churros.

Tanto os representantes da Asociación Cultural “Nós”, como o
concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, fixeron un chamamento a
todos os veciños do municipio e tamén ós da bisbarra do Salnés para
que acudan o Serán’08 de Sobradelo. O presidente do colectivo “Nós”,
Xurxo Santos, comentou que o ano pasado participaron neste evento
unhas 1.800 persoas, cunha media constante no interior da carpa
dunhas 500. A previsión desta nova edición é a de superar as cifras de
2007.

Pola súa banda, Castro Ratón, salientou a importancia do “Serán” de
Sobradelo, un dos máis multitudinarios dos que se celebran nestes
intres en Galicia, e agradeceu á Asociación “Nós” que teñan
recuperado esta importante tradición galega, esencial para o
mantemento e transmisión do noso patrimonio cultural.

A asociación Nós de Sobradelo dedica esta semana a estudar e a divulgar o folclore
http://www.lavozdegalicia.com/arousa/2008/10/21/0003_7242389.htm?idioma=galego


A asociación cultural Nós de Sobradelo iniciou onte unhas xornadas de
folclore que se celebrarán ata o sábado. Durante toda a semana, no
centro cultural de Sobradelo exporase unha mostra de traxes antigos
de toda Galicia, algúns con máis dun século de antigüidade.

Pero ademais, os integrantes desa entidade tamén queren dar a
coñecer o traballo que realizan para recompilar os bailes e cantigas
antigos. Así que mostrarán as gravacións que realizaron coas persoas
das aldeas.

Entre as actividades que prepararon hai cursos de pandereita, canto,
baile e percusión. E pecharán o sábado coa celebración dun festival
folclórico.

As actividades foron inauguradas onte ás sete da tarde no centro
cultural. Con elas, a asociación Nós pretende dar un paso máis no
coñecemento e a divulgación do folclore.

Festa rachada á antiga usanza en Sobradelo
http://www.diariodearousa.com/




Noutrora, nas festas de Galicia non había orquestras con palcos
móbiles nin equipos de son con moitos vatios, simplemente un
gaiteiro con algunha percusión, como moito un cuarteto ou quinteto,
encargábanse de facer a festa, e que ben o facían pasar! En
Sobradelo están a recuperar esta tradición festeira e por iso
organizaron unha nova edición do “Serán de Sobradelo”.
A xoldra non faltou en ningún momento e a diversión estivo garantida
dende o primeiro momento no que os gaiteiros comezaron a afinar os
seus instrumentos e os cantadores, as súas potentes gorxas.


Coplas de toda Galicia e músicas executadas polos asistentes fixeron
as delicias dos centos de festeiros que quixeron facer da festa de
Sobradelo a súa festa xa que non só había veciños da comarca arousá
senón que tamén houbo autobuses chegados doutros puntos da
xeografía galega onde o costume de celebrar este tipo de eventos
tamén está moi arraigada entre a poboación.

Verbena e chocolate > Pero como en toda festa hai agrupacións
musicais do máis variado, en Sobradelo tamén son conscientes de
que non todo o mundo baila e para combater as baixas temperaturas,
que mellor que un chocolate ben quentiño para subir a temperatura
dos que non ousaban botar unhas repichocas na pista.


Un xeito diferente de facer festa e que mellor que levalo a cabo con
xente chegada de todos os recunchos de Galicia coa intención de
pasar unha boa xornada e tamén, por que non, compartir os máis
xóvenes do lugar tempo e espazo cos maiores, que son os que levan
a nosa tradición metida no sangue. Desta maneira, moitos rapaces
aproveitaron a festa para aprender novos bailes que logo levarán aos
escenarios galegos.


COMENTARIOS:

 




Engade o teu..

Antes unha preguntiña ben sinxela
(tanteando a robots pesados..)

2 + 2 =

?

Comenta..

 

E identifícate (se queres)

nome:
clave (si es un usuario rexistrado):

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

 

 

 

Atrás.

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal