>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A AGG organiza a XIX Edición do Xantar Gaiteiro (As Pontes)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 15 / 3 / 14 )





A Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera.


Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!!


A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes.


Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha programación completa e interesante. Convidade aos voso amigos a que pasen esta xornada con todos nós, teremos charlas, exposicións, visitas, música e por suposto o xantar.


Programa:


 


11.30 horas . Exposicións e charla no Mercado Vello a cargo de Berros do Castro e da AGG



12.30 horas. Visita Guiada á Praia do Lago (Sairá un bus do colexio Santa María, para asistir é preciso inscribirse)



13.30 horas. Pasabares polo centro da vila



14.45 horas. Xantar na carpa instalada no Colexio Santa María



*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos  e lugares). Será preciso inscribirse para facer á visita guiada á Praia do Lago


Para asistir ao XIX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 20 de Marzo, indicando, se é o caso,  o número de persoas que te acompañarán.


DATA


23 de marzo de 2014


14:45 horas


 LUGAR


Colexio Santa María



Praza de América s/n 15320  As Pontes   ( A Coruña )


MENÚ


Sopa


Cocido


Freixós, requeixo da Faeira e Mel de Boente


Auga, Viño, refrescos, café e chupito


PREZO


O prezo é de 21 euros por persoa que serán entregados ao entrar (10,5 ? para nenos menores de 12 anos).


RESERVA


secretaria@gaiteirosgalegos.com


Teléfono  986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal