>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Os Terribles da Arousa levan ás Crechas a súa escolma de melodías tradicionais da súa comarca

(ultima actualización: 15 / 3 / 14 )





- Os Terribles da Arousa - Sábado 15 ás 20h30 (4€)
- O domingo o músico bretón Pierrot Rougier cociñará filloas bretoas e pinchará música para os asistentes - Domingo 16 ás 20h (de balde)

Compostela, 14 de marzo de 2014. O grupo de gaitas Os Terribles da Arousa presentan este sábado 15 na Casa as Crechas o seu último traballo, ‘O camiño do carro’ unha escolma de melodías tradicionais e populares representativas dos concellos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril.

Este traballo realizárono con motivo da celebración do centenario do Concello de Vilagarcía de Arousa e inclúe 14 pezas: muiñeiras, xotas, canto de nadal, pezas de charanga, melodías de moda do primeiro cuarto do século XX, etc.

‘O Camiño do Carro’ é o cuarto traballo discográfico do grupo, que fai referencia a un carreiro que atravesa os viveiros de ameixa e berberecho de Carril, visible na marea baixa. Antes publicaron ‘Os Terribles da Arousa’ (1998), ‘No ramo de Herbón’ (2002) e ‘No toldo de San Cibrán’ (2005).

Pierrot Rougier e as filloas bretoas

O músico bretón Pierrot Rougier tráenos as súas músicas e as arquifamosas filloas bretoas (crepes): as filloas salgadas de sarracenos e as filloas azucaradas de trigo, feitas nunha gran tixola chá chamada ‘bilik’. Pierrot fará as filloas en directo mentres pincha as súas cancións favoritas.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal