>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cantos de Taberna na II edición do Mercado Solidario Zona Activa en A Estrada
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 3 / 14 )





A Asociación Cultural Regatos en colaboración cos hosteleros da Zona dos Viños de A Estrada organiza para o día 22 de marzo, a partir das 11,30 h. da mañá, o II Mercado Solidario Zona Activa, que ademáis de recoller comida non perecedeira para cáritas, terá capacidade para acoller un total de 52 postos de artesanía dende as rúas Travesía de Vea, Rúa do Cruceiro, Travesía da Igrexa ata rúa Irmáns Valadares.


Dado o éxito da primeira edición que tivo lugar no pasado mes de decembro, espérase que esta segunda teña aínda mellor acollida, dado que fará mellor tempo, o que fomentará máis visitas e máis postos de artesanía. Virá xente de toda Galicia con artesanía dende coiro ata roupa, complementos de bebé, cestería, macramé e as famosas foruchas. Tamén virán postos de 2ª man con vinilos, roupa, complementos e mobles vintage.


Cabe destacar que durante toda a mañá a Zona de Vinos estará amenizada polo I Certame de Cantos de Taberna, a partir das 17,00 da tarde. Haberá pintacaras para os nenos que aporten un 1 kg de comida non perecedeira para Cáritas.

















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal