>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

OS MINHOTOS PRESENTAN O SEU TRABALLO DISCOGRÁFICO PINGA D´ AUGA EN ZOLLE (GUNTÍN - LUGO)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 8 / 3 / 14 )





O grupo OS MINHOTOS presentará mañá, sábado 8 de marzo, o seu traballo discográfico PINGA D´AUGA na escola de Zolle (Guntín-Lugo). O concerto, organizado polo Asociación Cultural de Zolle comenzará ás 21:30. OS MINHOTOS interpretarán, entre outros, os temas do seu disco PINGA D´AUGA. Con este concerto OS MINHOTOS pretenden achegar, con toda a xente que gusta da música galega, o remate dun proceso de creación que deu como froito esta PINGA D´AUGA.


Un total de doce temas compoñen este traballo discográfico que pretende ser, como o nome do mesmo indica, “unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar das músicas feitas neste país”. Moitos dos temas interpretados por OS MINHOTOS son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións.  















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal