
Neste monográfico que impartitra o mestre de acordeón diatónico da ETRAD: Carlos Quintá, falarase das funcións tonais, substitucións de acordes, progresións armónicas, movemento das voces entendidas horizontal ademais de verticalmente, distintos tipos de cadencias, etc. A armonización dunha peza é algo moi persoal. Ten algo de compositivo, xa que estamos a expoñer como entendemos unha determinada peza, a melodía e o ritmo e as características fundamentais do contexto popular no que traballamos. A partir de ahí, non hai un método que nos diga, "mira, se fas isto, vaiche saír sempre ben", senón que todo son distintas solucións, diferentes e apaixonantes opcións que ir aprendendo, distintas sensacións e matices que podemos "engadir" a unha canción.
Venres 7 de febreiro16h – 19h
Aula 5. Perfecto Feijoó
Número de prazas: 25
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h
Último día de matriculación: 6 de febreiro
|