>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Consellaría de Cultura elaborará o primeiro Plan Galego da Industria Musical
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 11 / 08 )





O PROCESO PORASE EN MARCHA EN 2009



A Consellaría de Cultura redactará un plan coas liñas estratéxicas a desenvolver para potenciar a industria musical galega. Así o anunciou Ánxela Bugallo hoxe no Parlamento, onde explicou o traballo realizado nestes catro anos para a promoción da música galega cunha política integral e ambiciosa, baseada na aposta pola visibilidade social e a promoción exterior.





Ánxela Bugallo defendeu a necesidade de elaborar "un Plan Galego da Industria Musical que sexa o marco de referencia para as políticas de apoio á creación, produción, distribución e visibilidade da industria musical galega. Este plan atendería tanto á vertente da música gravada, que afecta ás empresas fonográficas e de edición, como a da música ao vivo, na que participan empresas de management, axencias de contratación, promotoras de concertos, festivais, salas privadas, etc".



O proceso porase en marcha o ano vindeiro desde a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), seguindo o mesmo modelo empregado en 2008 co deseño do Plan Galego das Artes Escénicas. Será un proceso participativo, a través de diferentes mesas de traballo nas que intervirán tanto representantes das asociacións profesionais como especialistas dos respectivos temas a tratar.



O plan xurde da necesidade de contar cun instrumento axeitado á capacidade de desenvolvemento do sector musical. O éxito da política musical levada adiante pola Consellaría nestes anos esixe darlle unha continuidade acorde para aproveitar "todas as potencialidades que a música galega presenta hoxe con respecto tanto ao mercado local como ao estatal e internacional", explicou a conselleira.



Un sector fundamental da cultura galega



Ánxela Bugallo debullou o traballo feito polo seu departamento en catro anos para promover a música galega, articulado sobre tres orientacións estratéxicas: a consideración da música como un sector fundamental da cultura galega, a atención ás necesidades de visibilidade social e de distribución da música galega ao vivo e gravada, e a potenciación da súa presenza internacional.



Bugallo sinalou que a música galega é fundamental tanto na súa dimensión social como económica. A través do Igaem primeiro e agora da Agadic púxose en marcha unha política musical que favoreceu a vertebración do sector, coa aparición de dúas asociacións profesionais, como lóxico movemento diante dunha Administración comprometida co desenvolvemento da industria musical.



A consellaría atendeu ás necesidades de distribución da música galega ao vivo coa posta en marcha por vez primeira de programacións específicas para a canción de autor, tradicional e folque (Circuíto 4x4), para a música clásica e sinfónica (Espazos Sonoros, Cameralia), para as músicas pop-rock (Rede Galega de Música ao Vivo), para as bandas de músicas e as corais.



Apostouse por unha maior visibilidade nos medios de comunicación, con accións como a difusión masiva de discos compilatorios e a edición de publicacións específicas, como a revista "Ao vivo". Tamén se levou a cabo unha nova política de axudas á música gravada, co apoio ás asociacións do sector, á difusión dos traballos discográficos, á realización de videoclips e á difusión exterior.



Presenza internacional



Potenciar a presenza internacional da música galega foi outro dos puntos fortes da política desenvolvida por Cultura. Creouse "Galician Tunes", unha marca de calidade e identidade propia que serviu como plataforma conxunta da Consellaría e o sector. Baixo esa marca participouse con notable éxito nas principais feiras sectoriais do mundo: Midem, Popkomm e Womex.



Ademais a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural colabora no apoio da presenza de grupos galegos en programacións como Artistas en Ruta, e eventos referenciais como o Celtic Connection de Edimburgo ou o Atlantic Waves de Londres. Tamén se impulsaron programacións en Lisboa (Portugalizando), Barcelona (SonGaliza) e Bruxelas (MuziekPublique).



Todas estas medidas escenifican un cambio radical na política musical en Galiza. "Nestes catro anos a música galega pasou de non ter interlocutor nun Goberno que a marxinaba a contar cunha Consellaría que cre nela e desenvolve unha política integral e ambiciosa, con froitos que están á vista", sentenciou Ánxela Bugallo.








NOVAS RELACIONADAS:



Cultura elaborará o primeiro Plan Galego da Industria Musical
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11595


A Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, anunciou hoxe no
Parlamento que o seu departavento vai redactará un plan coas liñas
estratéxicas a desenvolver para potenciar a industria musical galega.

Ánxela Bugallo defendeu a necesidade de elaborar "un Plan Galego da
Industria Musical que sexa o marco de referencia para as políticas de
apoio á creación, produción, distribución e visibilidade da industria
musical galega. Este plan atendería tanto á vertente da música
gravada, que afecta ás empresas fonográficas e de edición, como a
da música ao vivo, na que participan empresas de management,
axencias de contratación, promotoras de concertos, festivais, salas
privadas, etc".

O proceso porase en marcha o ano vindeiro desde a Axencia Galega
das Industrias Culturais (Agadic), seguindo o mesmo modelo
empregado en 2008 co deseño do Plan Galego das Artes Escénicas.
Será un proceso participativo, a través de diferentes mesas de traballo
nas que intervirán tanto representantes das asociacións profesionais
como especialistas dos respectivos temas a tratar.

O plan xurde da necesidade de contar cun instrumento axeitado á
capacidade de desenvolvemento do sector musical. O éxito da política
musical levada adiante pola Consellaría nestes anos esixe darlle unha
continuidade acorde para aproveitar "todas as potencialidades que a
música galega presenta hoxe con respecto tanto ao mercado local
como ao estatal e internacional", explicou a conselleira.





Cultura elaborará o primeiro Plan Galego da Industria Musical
http://www.anosaterra.org/nova/cultura-elaborara-o-primeiro-plan-galego-da-industria-musical-.h








Cultura anuncia un plan integral para a música gravada e en directo
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=13453


















COMENTARIOS:



Ogallá non quedara todo en bla bla bla

Enviado por Luís o 13/11/08 ás 14:21h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal