Peis D'hos - Festival infantil de música e baile tradicional (Cangas)
(ultima actualizaci�n: 27 / 2 / 14 )
Sábado, 1 de marzo
Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión “peixe de hoxe”, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.
A finais do pasado ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego.
Dende a asociación estamos a organizar a que será a nosa primeira actividade aberta ao público: “PEIS D'HOS. Festival infantil de música e baile tradicional”. Este evento terá lugar o vindeiro sábado 1 de marzo a partir das 18h. no Auditorio Municipal de Cangas e queremos convidarvos a que asistades e veñades disfrutar das actuacións de: