>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 11 / 11 / 08 )





Ver video, audio e fotos




NOVAS RELACIONADAS:



Roi Casal presenta o seu debú en solitario en Arteria Noroeste
http://www.compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=7682&lg=gal


Horario:
12 de novembro de 2008
12:00

Lugar:
Arteria Noroeste
Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.


ARTeria Noroeste presenta en rolda informativa 'Lendas douradas' o
debú discográfico en solitario de Roi Casal, músico integrante de
Milladoiro.

Dende o ano 2000, Roi Casal forma parte de Milladoiro, o grupo de
folk galego máis recoñecido internacionalmente. Agora, sente a
necesidade de exporta-las súas inquietudes artísticas e creativas e
facerse un lugar con nome propio. Nace así Lendas Douradas,
resultado dun proceso de interpretación da cultura dun país baixo a
perspectiva dun cidadán do século XXI.

O debú discográfico de Roi é un traballo concibido para unha nova
xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de tódalas
culturas do mundo o meirande tesouro que posúe a humanidade.
Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e
compostos por Roi Casal, froito dun coidado estudo da música
tradicional e medieval e da poesía galega.

Neste encontro cos medios de comunicación de Galicia, Roi Casal
asistirá acompañado por Segundo Grandío (PAI Música).







YouTube - Roi Casal: Ninfa das frescas augas
http://www.youtube.com/watch?v=RIAbL8OuBKo








Roi Casal emprende unha aventura musical sen Milladoiro
http://www.galiciae.com/nova/20308.html?lang=gl




Anxa Correa. AGN.

"Traizoaríame a min mesmo se non emprendese un camiño en
solitario". Así xustifica o músico Roi Casal, membro de Milladoiro
dende hai case dez anos e fillo do gaiteiro do grupo, Nando Casal, a
gravación do seu primeiro disco en solitario, titulado 'Lendas
douradas', da man do selo Pai Música.

Casal adiantará no concerto que ofrecerá o venres ás 21 horas na
sede da SGAE en Santiago algúns dos 12 temas incluídos no álbum,
que sairá á venda o 24 de novembro. Segundo explicou o músico, o
traballo baséase na música tradicional galega, como correspondía á
súa procedencia familiar, pero cunha "reinterpretación contemporánea"
para demostrar que non é unha cultura "anquilosada ou anticuada".


"Hai algúns arranxos arriscados, porque aos 28 anos non podo ser
conservador", asegura o músico, que se deixou levar por influencias
do rock e do pop á hora de compoñer e que incorporou achegas de
músicos de diferentes estilos presentes no álbum.


Ademais de revisar a música tradicional galega, en 'Lendas douradas'
Casal ponlle música e voz a poemas de Manuel María e de Rosalía de
Castro.

Durante a búsqueda dos poemas, o autor do disco atopou un texto de
Curros que dicía: 'O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes... son
lendas douradas', e de onde xurdiu o título do álbum, xa que "son os
elementos que determinan a música de cada un e que están
determinados polo lugar onde viven, do mesmo xeito que as árbores
toma nutrintes da terra para convertelos en froito", indicou na rolda de
prensa de presentación do disco en Santiago.

"Non teño afán de ser estrela"
Malia o "risco" que poida supoñer publicar un disco nestes tempos,
Casal afirma que é algo tan natural para un músico "como para un
mestre dar clase".

Deste xeito, asumiu a composición, os arranxos, a produción e a
interpretación dos temas, rodeado de músicos "de grande
experiencia", pero "sen buscar tirar proveito do éxito de músicos
mediáticos para acadar o éxito persoal", explica.

Di que tampouco ten un "afán de ser estrela" á marxe de Milladoiro.
"Levo dende os 19 anos no grupo e a primeira actuación xa foi en
Xapón e despois en Chicago; teño unha perspectiva do grupo máis
global que os membros fundadores, porque o vivín dende o ventre da
miña nai, aos camerinos e logo aos escenarios, pero Milladoiro non é
o meu proxecto", sostén o músico, que cre que se traizoaría a si
mesmo se non emprendese un camiño en solitario, o cal "non é
incompatible con Milladoiro".

Colaboracións frescas
O violín, bouzuki e guitarra acústica de Alfonso Merino; as percusións
de Dani Riveiro; a voz de Silvia Ferre; o piano de Alfredo Susavila; a
guitarra de Manu Conde e o baixo de Pablo Pérez, procedentes da
música clásica, o pop ou o jazz, acompañan a arpa celta de Roi Casal
e ao tempo "achegan frescura e riqueza" ao disco.


O responsable de Pai Música, o ex baixista de Siniestro Total Segundo
Grandío, destacou que o selo "quere facer de Roi un artista de longo
percorrido", xa que se trata dun "artista ambicioso, pero non cunha
ambición material urxente", que malia a súa xuventude "é un artista
moi maduro" que tanto toca a arpa, como o bouzuki, a zanfona, o
oboe ou o piano.





Roi Casal debuta en solitario cun disco que fusiona o folk máis tradicional co rock e co pop
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=364152




O arpista de Milladoiro considera que sería traizoarse se non
emprendese este proxecto


ANXA CORREA/AGN . SANTIAGO

O arpista de Milladoiro considera que sería traizoarse se non
emprendese este proxecto


"Traizoaríame a min mesmo se non emprendese un camiño en
solitario". Así xustifica o músico Roi Casal, membro de Milladoiro
dende hai case dez anos e fillo do gaiteiro do grupo, Nando Casal, a
gravación do seu primeiro disco en solitario, titulado Lendas douradas,
da man do selo Pai Música.

Este traballo baséase na música tradicional galega, como correspondía
á súa procedencia familiar, pero cunha "reinterpretación
contemporánea" para demostrar que non está anquilosada nin
anticuada. "Hai algúns arranxos arriscados, porque aos 28 anos non
podo ser conservador", asegura o músico, quen acusa a influencia do
rock e do pop á hora de compoñer, así como a doutros músicos e
estilos. E é que, malia o "risco" que poida supoñer publicar nestes
tempos, Casal afirma que é algo tan natural para un músico "como
para un mestre dar clase".

Roi Casal non ten "afán de ser estrela" á marxe de Milladoiro. "Levo
no grupo dende os 19 anos e teño unha perspectiva del máis global
que os membros fundadores, porque o vivín dende o ventre da miña
nai, aos camerinos e logo aos escenarios, pero Milladoiro non é o meu
proxecto", sostén o músico, que cre que emprender un camiño en
solitario non é incompatible.

O responsable de Pai Música, o ex baixista de Siniestro Total Segundo
Grandío, destacou que o selo "quere facer de Roi un artista de longo
percorrido", xa que se trata dun "artista ambicioso e maduro" que
tanto toca a arpa, como o bouzuki, a zanfona, o oboe ou o piano.
/>
A ANÉCDOTA Inspirado por Curros Enríquez


Namentres buscaba os poemas de Rosalía de Castro e Manuel
María que logo musicaría, Roi Casal atopouse cun texto de Curros que
dicía "O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes... son lendas
douradas" e foi entón cando naceu o título do álbum.








Roi Casal publica “Lendas Douradas”, o seu primeiro disco en solitario
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11603








Entrevista a Roi Casal
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11632








"Milladoiro é un barco que navega só, se quero coller outro rumbo teño que facelo eu"
http://www.vieiros.com/nova/70284/milladoiro-e-un-barco-que-navega-so-se-quero-coller-outro-rum


O seu debut en solitario, 'Lendas Douradas', estará nas tendas o
24 novembro. O músico visitou a redacción de Vieiros, pouco antes
dun exitoso concerto de presentación en Compostela.


"Quero dedicarlles esta peza a dous símbolos que para unha persoa
da miña idade son un referente á hora de entender Galiza: Milladoiro
e Xosé Manuel Beiras". Ambos os dous aludidos, os compoñentes do
grupo máis senlleiro do noso país e mais o histórico dirixente
nacionalista, foron algúns dos afortunados -entre os que tamén había
outros persoeiros da cultura e da política, ademais dos cinco
gañadores das entradas ofrecidas por este xornal- que asistiron ao
concerto de presentación do debut en solitario de Roi Casal.


A calidade das composicións e a perfecta interpretación e posta en
escea dos temas auguranlle a este traballo ser só o primeiro dunha
longa lista de éxitos, doutras moitas máis Lendas Douradas.


Vieiros: Cando che nace a idea de facer un disco en solitario?
Roi Casal: A idea de facer un disco en solitario xurdiu con quince
anos, pero entre que aos 19 ingresei en Milladoiro, despois estudei
arpa clásica en Madrid, a carreira de Farmacia..., agora estou máis
liberado. Había temas que xa non podían agardar máis; levaban tanto
tempo no forno que xa se ían pasar.

Creo que fuches moi perfeccionista no proceso de gravación do disco...
O proceso de gravación en Casa de Tolos foi longo e fíxeno en dúas
fases. E como eu non teño présa, tomei o tempo necesario. Dos doce
temas, dez xa estaban gravados en febreiro; eses temas, unha vez
gravados, utiliceinos para negociar con quen quería sacar o disco.
Había varías compañías interesadas e a oferta que máis me interesou
foi a de Pai Música. E o disco atrasouse un chisco porque en agosto
empeñeime en gravar dous temas máis. Foi daquela cando descubrín
que Segundo podía achegar moito á produción, aínda que eu
mantivese o control sobre o produto; por exemplo, en Noite de San
Xoán, nótase unha produción inmensa.

A arpa é o instrumento co que te atopas máis cómodo?
Si, é o instrumento co que levo traballando toda a vida, primeiro na
casa, despois recibín clases en Vigo do gran Rodrigo Romaní na Escola
de Música Tradicional, e despois dei clase de arpa clásica en Madrid.
Aínda que este non é un disco de arpa, a arpa é un instrumento,
como xa di o seu nome, para eu facer música.

A quen vai dirixido o disco? A quen lle pode gustar máis?
Eu supoño que será máis asequíbel para a xente de menos de
corenta anos. Aínda que polo de agora estame sorprendendo que á
xente de máis de cincuenta estálle gustando moito. É verdade que
pode axudar o feito de ter o oído acostumado a escoitar música
tradicional, pero non é imprescindíbel. Eu non estou descubrindo nada,
fago esa fusión entre tradición e modernidade dunha forma persoal, e
dándolle a visión de Roi Casal. A quen lle pode gustar máis? Eu vexo,
escoito e sinto o mesmo que a xente que é contemporánea a min,
polo tanto en principio debería gustarlle máis a esta xente. Tiña gana
de demostrarlle á xente que se pode ser moderno dende a música
tradicional.

Ti segues en Milladoiro, pero este álbum demostra que a túa
forma de ver a música é distinta...

Eu o único que lle pido á xente é que non vaia mercar este disco ou
non vaia a un concerto meu pensando que vai escoitar un membro de
Milladoiro, porque se vai sentir defraudado. É obvio que Milladoiro non
é o meu proxecto; empezou cando eu aínda non nacera. Comparto a
maioría das cousas que fai, pero non todas. Traizoaríame a min
mesmo se me dedicase á vida cómoda de unicamente tocar con
Milladoiro. E tampouco teño dereito ningún a introducir dentro do
grupo a miña visión da música. Milladoiro ten unha liña que é
independente dos seus integrantes, é un barco que navega só. Se eu
quero coller outro rumbo teño que facelo eu.





Roi Casal: "Cómpre que nazan propostas que refresquen o panorama" - Cultura - La Opinión A Coru
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008112100_13_238735__Cultura-Casal-Co


"Con Milladoiro comparto a ética de traballo e o respecto á música tradicional, mais a miña estética musical é diferente".

ÓSCAR LOSADA. A CORUÑA. Despois de varios anos acumulando experiencia no seo de Milladoiro, Roi Casal vén de lanzarse no mundo discográfico como solista co seu traballo Lendas douradas. O título provén dun texto de Curros Enríquez no que fai referencia a cinco elementos: "O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes... son lendas douradas".
Para esta viaxe acompáñase dun fato de músicos cos que está moi ledo. "Creo que teño unha banda que soa ben e son moi bos músicos". Tamén aparece como parte importante do proxecto a voz de Silvia Ferre en varios dos temas incluídos nesta obra.
-Imos aproveitar eses cinco elementos mencionados por Curros para lle facer as preguntas. O seu carácter foise conformando a través destes anos en Milladoiro. Fíxose músico de verdade nesa banda? Que aprendeu en todo este tempo?
-Escoito a Milladoiro desde que era un cativo e son a banda sonora da miña vida. Comparto con eles a ética de traballo e o respecto á música tradicional. Pretendo ser coherente musicalmente, coma eles. O que resulta evidente é que a estética é diferente. Son un músico doutra xeración e por iso saco o disco, para dar a miña visión, que é diferente a do grupo do que formo parte. Cando vin que realmente tiña algo do que sentirme orgulloso decidín dar o paso de publicalo, pero esperarei o tempo que sexa necesario para editar o segundo álbum. Veremos se son capaz nun par de anos de ter cancións para unha nova obra. Necesito estar satisfeito co que fago.
-As súas ideas musicais quedan plasmadas claramente nesta obra.
-O que é diferente respecto a Milladoiro é o xeito de concebir a música. Na miña música quero ter un compromiso co lugar onde vivo e tentar aportar unha visión musical que poida resultar atractiva para a mocidade, o que non exclúe a xente de máis idade. É interesante traballar para que unha peza do Códice Calixtino poida ter un tratamento moderno e chegue a gustar aos rapaces. Non quería facer algo que resultara, digamos, moi étnico e o camiño que tomo achega as cancións á contemporaneidade. É unha obra moi persoal e non quixen nin contar cun produtor.
-Botoulle bastante valor ao cantar vostede en varias pezas. Porque decidiu asumir esa responsabilidade no seu álbum?
-Son consciente das miñas limitacións e sei que teño un rexistro limitado. Por iso contei con Silvia para cantar noutros temas. Apetecíame cantar e quero transmitir emocións dentro dos meus límites vocais, pero agradezo as críticas que haxa porque boto de menos neste país que se digan as cousas, xa que por estar en galego un produto non pasa a ser bo directamente. Non todo pode ser de calidade. En canto á miña obra sei que non estou a inventar nada porque outros xa deron anteriormente este paso de unir tradición e modernidade. Realmente o valor que lle bota un solista é o de ter os focos sobre el sendo a persoa que ten toda a responsabilidade, algo que se eslúe dentro dunha banda.
-As falas nas letras están presentes con textos de Rosalía de Castro, Manuel María e algunha achega persoal súa. Por que escolleu a eses dous escritores?
-A Rosalía lina moito e paréceme unha figura fundamental. Foi pioneira en defender a identidade galega e tamén valores como o feminismo. Linme toda a obra de Manuel María cando afrontamos dende Milladoiro o disco con textos seus e de aí xurdiron na miña cabeza pezas que non lle acaían ben ao grupo mais si que viñan perfectas para a miña obra como solista. Eu, dun xeito humilde, aporto as miñas letras porque preciso darlle o meu carácter máis persoal a algunhas pezas. Ás veces existen certas dificultades para adaptar os textos á música e nótase no resultado. Resulta un traballo complicado.
-Os costumes na música van mudando. Neste último lustro xurdiron propostas diferentes que enriquecen o panorama. Como valora esa nova vaga?
-Cómpre renovarse ou morrer e iso non significa que se deban deixar de facer cousas que amosaron o seu gran nivel, pero se desaparecen Milladoiro ou Berrogüetto que temos realmente por detrás? É necesario que no país nazan propostas musicais que refresquen a actualidade e que haxa unha criba con base na calidade.





Video da presentación do disco de Roi Casal
http://www.pai-musica.com/lang-gl/inicio/10-novas-pai-tradicional-world/168-video-da-presentaci


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal