>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Nordestinas graban esta noite seu primeiro disco no Principal
Fonte / Máis información



Ugia Pedreira e Guadi Galego achéganse á música popular do norte

Abe Rábade acompaña este experimento de dúas das voces galegas de máis actualidade



(Lugar: m. b. | santiago)

Dúas das máis destacadas voces femininas do panorama musical galego actual, Ugia Pedreira e Guadi Galego, Nordestinas, e un dos músicos de jazz galegos máis internacionais, Abe Rábade, ofrecerán as dez desta noite, no Teatro Principal, un concerto, no que se acercarán á música popular do norte de Galicia que lle transmitiron os seus país, que formará parte dun futuro disco e DVD.

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, amosouse satisfeito deste proxecto acometido por Ugia, Guadi e Abe, co que colabora a concellaría de Cultura, porque, dixo o edil, «imos a colaborar coa música galega sempre que nos sexa posible e traballar na súa promoción». Rego ve o actual panorama da música galega «moi esperanzador», e o ve así en todas as súas facetas, «non só na música folk ou instrumental».

Abe Rábade referiuse ao proxecto de Nordestinas, formación que para el «é moi curiosa» porque non acostuma a facer este tipo de de experimentos. Precisamente o feito de que Nordestinas funcione como unha certa plataforma para a creación é, segundo o pianista, «porque é algo novo para todos». O grupo naceu en decembro do 2004, para facer unha música sen máis instrumentación que un piano e dúas voces o que, confesa Rábade, «supoñía un risco». Pero dous anos despois, as dúas cantantes e o músicos amosasen contentos do proxecto.

Guadi Galego, voz tamén de Berrogüetto, destacou que o de hoxe «é un concerto que mira ao norte desde o centro do País», porque ademais «o seu repertorio mira ao mar do norte de Galicia». Coincidiu coa súa colega Ugia, cantante de Marful, en que «Nordestinas é un proxecto basicamente emocional, de moito amor á nosa música e a unha determinada forma de vivir que nos diferenza ao Norte e o Sur».














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal