>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

CURSO en Ramirás: O Baile tradicional, O MANEO
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 11 / 2 / 14 )





Os días 23 e 30 Marzo tedes a oportunidade de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá.
A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela na web de Rebulir a partires do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes.

O mestre será Javier Sanmartín, que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histórica agrupación compostelá ata o ano 2012. Actualmente dirixe un dos mellores grupos de baile tradicional do país, A Pontevella de Teo, con que leva gañado numerosos premios e mencións, destacando os 5 primeiros premios consecutivos no concurso Azaloira de Bandeira, e participación no festival de Lorient en 2012. Tamén é director do grupo Tequexetéldere da Estrada, de recoñecido nivel. As súas espaldas ten un amplo currículo de recollidas de campo por todo o territorio, especialmente na Costa da Morte, o que o converte na persoa idónea para impartir este curso. 
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal