>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Desaramar, novo proxecto musical, preséntase o 7 de Marzo en A Coruña
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 10 / 2 / 14 )





7 de marzo ás nove da noite Centro Agora da Coruña.

“Desaramar” é a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar. Creado por Maria Xose Silvar (Sés), o proxecto tenta extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel.

Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade. Para isto, promovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaboradores fará un percorrido por temas propios e alleos que, dalgún modo, nos instalan nesta idea.
Desaramar, romper os arames que nos impiden vivir en paz, é posíbel. A educación na igualdade é posíbel e hai que levala a cabo desde todas as tribunas, tamén desde os escenarios.

E a unión é a chave: mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións.

Desta volta, Sés estará acompañada de Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco.

Podemos desaramar, e podémolo facer cantando.




NOVAS RELACIONADAS:



Ses lidera Desaramar, un proxecto musical reivindicativo
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=23841




"Extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel" e sinalar que "podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade" son os obxectivos do proxecto Desaramar. María Xosé Silvar Sés promove esta iniciativa centrada na desigualdade de xénero na que, acompañada dunha banda e numerosos colaboradores, abordará temas propios e alleos convencida do poder transformados da música. A primeira xeira desta iniciativa desenvolverase o vindeiro 7 de marzo no Centro Ágora da Coruña.

O concerto contará coa participación de Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco.





Sés propón Desaramar, para cortar arames de inxustiza coa música
http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/ses-propon-desaramar-cortar-arames-inxustiza-coa-musica/20140210124534024015.html




Contra as inxustizas, para cortar arames, Sés promove “Desaramar”, un proxecto no que participan Tereixa Novo, Martín Sanjurjo , Mercedes Peón, Luís Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona e Carlos Blanco.


“Desaramar. Música para facer mundos, Música para cortar arames” é o título do proxecto que promove Mª Xosé Silvar, Sés, e que se estreará o próximo 7 de marzo no Centro Ágora da Coruña. Sés ponse á fronte dunha iniciativa que quere, a través da música, difundir unha mensaxe de xustiza, para erradicar “a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte na igualdade”.

O espectáculo musical terá o repertorio de Sés como protagonista e sumará tamén temas alleos que participen da idea dun mundo máis xusto, coa idea de que tamén desde os escenarios se pode contribuír a un novo tempo sen violencia. Convida, con este fin, a “mulleres e homes feministas” e rodéase no proxecto de Tereixa Novo, Martín Sanjurjo, Mercedes Peón, Luis Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona e Carlos Blanco.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal