>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Febreiro nas Crechas

(ultima actualización: 3 / 2 / 14 )





Mércores 12, 19 e 26 ás 22h30 – 1€
FOLIADA coa Banda das Crechas


Xoves día 6 ás 21h30 – 4€
EÑAUT ELORRIETA
O circuito estatal 'Girando por Salas' tráenos a este cantor basco para presentarnos 'Deserriko Kantak' (cancións do desterro), un traballo no que se fala de patria e de exilio desde puntos de vista ben dispares. Ademáis dos seus propios textos, Eñaut musica tamén o desterro político de Joseba Sarrionandia ou Joan Oliver e o desterro poético de Mario Benedetti ou Bernardo Atxaga.
http://www.youtube.com/watch?v=XUQOXJ68WGE


Xoves día 13 ás 21h30 – 5€
XABI ABURRUZAGA
Este trikitilari bizcaíno, que conta xa cunha longa traxectoria no mundo da música, ven presentar a través do circuito de 'Artistas en Ruta' o seu terceiro traballo, 'Geure'. Do mesmo xeito que nos seus anteriores proxectos, atopa neste a perfecta mistura entre a tradición basca e a modernidade.
http://www.youtube.com/watch?v=rAn9REeZJME


Sábado día 15 ás 20h
Festival “Primos Hermanos” - Desconcierto Cultural
XABEL VEGAS e ELLE BELGA
http://www.primoshermanos.com/


Luns día 17 ás 21h30 – 6€ anticipada, 8€ na billeteira
JACKY MOLARD & JEAN MICHEL VEILLON
Jacky Molard (violín e guitarra) e Jean Michel Veillon (frautas) son dúas das figuras máis importantes da música bretona e, desde hai máis de 30 anos, un referente para os músicos folque de todo o mundo. Vellos amigos xa da Casa das Crechas, volven agora nunha xira que tamén terá paradas en Euskadi e Asturias.
http://www.youtube.com/watch?v=vQrGpOaX5E4


Xoves día 20 ás 21h30 – 5€ anticipada, 8€ na billeteira
LA IAIA
Con certo regusto folk, La Iaia transfórmase no primeiro power-trío da historia do rock catalán e ofrécenos unha arriscada mistura de cancións de temática onírica e, por conseguinte, menos explícita. Envoltas nun novo son electrónico, internacional e tremendamente compacto, procuran a trascendencia a través do risco premeditado, o criterio artístico e a liberdade interpretativa.
http://www.youtube.com/watch?v=_s2-NsAM9Vw&list=PLrHRbbmoS4AF54ZTs37bxgkiNe59bO5KB

Sábado día 22 ás 21h – 12€
Marina Oural & Uxía
UNHA FABA, UNHA VIDA. As fabas galaicas viaxeiras.
Performance 2. 'Proxecto Le Fooding'
Nun tributo á faba galaica, os alalás, un dos cantos galegos máis libres e máis xenuinos, soarán na voz de Uxía, a muller que nos fai sentir ese berro doce e rotundo. MOV cumplirá un soño, bailará alalás con ela entre os poemas escritos na pel e recitados con bravura elegante de voz e xestos mariñaos. O prato elixido nesta ocasión é o guiso picante de fabas galaicas con xudías. Cociñarán elas dúas para todos os asistentes que se atrevan a probalas.

Xoves 27 ás 21h30 – 4€
FRENCH CONNECTION QUARTET
Estes catro músicos ofrécennos unha proposta pensada para bailar, un percorrido ben variopinto pola historia da variété française. Jacques Brel, Georges Brassens, Serge Gainsbourg, Joe Dassin ou Johnnie Halliday son algúns dos autores que FCQ reinterpretan, indo desde os 60 aos 90, desde o cabaret ao rock'n'roll. A festa está asegurada.
http://www.youtube.com/watch?v=qz_uwuzbstU

Venres 28 desde as 23h
FESTA DE ENTROIDO














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal