>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

NOVOS CONCERTOS DE ‘CORASONS’ EN COMPOSTELA E VIGO
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 2 / 14 )





O Teatro Principal de Santiago acollerá o primeiro concerto, esteo mércores día 12 ás 21:00 horas, con entradas á venda na tenda A Reixa e na billeteira do Teatro. En Vigo celebrarase no Auditorio Municipal o xoves día 13 á mesma hora, coas entradas dispoñibles a través de Servinova e na taquilla do Auditorio.

O colectivo CoraSons volverá reunirse a vindeira semana para celebrar novos concertos nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, o 12 e o 13 de febreiro, respectivamente, en vésperas do día dos namorados. Foi precisamente un 14 de febreiro, hai dous anos, cando os primeiros integrantes desta singular iniciativa transfronteiriza -encabezada por Uxía- reuníronse por primera vez na Casa das Crechas cun repertorio de cancións clásicas nas que o corazón era o fío condutor, na mesma liña dunha orixinal exposición de fotografías da portuguesa Isabel Leal.


Máis de 40 músicos e intérpretes de Galicia, Portugal, Brasil, Mozambique e Angola acabaron sumándose a esta xuntanza arredor da “terra da fraternidade” e da cultura galego-lusófona que derivou na gravación dun documental dirixido por Paco Abelleira e e na publicación dun libro-cd-dvd distribuído por KALANDRAKA en toda a Península. António Zambujo, João Afonso, Quiné Teles, Luanda Cozetti e Norton Daiello, Aline Frazão, Serginho Salles ou Pierre Aderne son algunhas das figuras internacionais que uniron as súas voces ás de artistas galegos como Najla Shami, Xoán Curiel, Carlos Blanco, Tatán Cunha ou Magín Blanco, e ás melodías de Xosé Manuel Budiño, Pablo Vidal ou Sérgio Tannus, entre outros.


Alén do sentido romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos: “Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos”.

Dende a presentación deste traballo o pasado mes de decembro, o colectivo CoraSons protagonizou un gran concerto na Illa de Arousa e outras actuacións en Pontevedra, A Coruña e Santiago. As fotos de Isabel Leal volveron expoñerse na Casa das Crechas e tamén na libraría Papa-Livros de Porto. Precisamente, este venres 14 de febreiro o documental CoraSons proxectarase no ESPACIO KALANDRAKA de Madrid, situado no Barrio das Letras.


- CoraSons -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal