O último cesteiro de VigoProxecto financiado parcialmente pola Consellería de Cultura e
Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de
Galicia.
"Somos probes cesteiros, cestos que compoñer, probiños de nosoutros
que vamos morrer"... di unha cantiga popular.
A cesteiría é un dos oficios que aínda conservan un lugar na artesanía
galega. Cestos para os labores do campo e do mar. Cestos de vimbio,
de canas, xuncos... ou lamas de carballo, castiñeiro, salgueiro...
Os cestos facíanse nas vilas ou no medio rural. Os artesáns do rural
ían na procura de traballo e quedaban onde o tiñan. Eran sempre
útiles axeitados a recollida dos froitos, colleitas, vendima, pesca.
Nós tivemo-la sorte de dar cun dos artesáns que aínda segue a
traballar. . . Temos que agradecerlle a súa paciencia, explicounos,
paso a paso, diferentes procesos na confección dun cesto, os
materiais, a utilización, a evolución, a súa adaptación, as
innovacións...
Escoitar audio