>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Cantos na Maré en Pontevedra

(ultima actualización: 11 / 1 / 14 )





Sábado 11 de Xaneiro ás 21h no Pazo da Cultura de Pontevedra




NOVAS RELACIONADAS:







Cantos na Maré complétase cun amplo programa de actividades dirixidas a público xeral e estudantes

A Casa das Campás acollerá unha charla musicada na que Amancio Prada cantará e contará a Rosalía e Lorca; e mais un encontro con Uxía, Najla Shami, Marina Seoane e Ainoa Calvo para desentrañar o proceso creativo dos seus libros-discos, que relacionan música, poesía e artes plásticas

Na Casa das Crechas, en Santiago, terá lugar a presentación do "Songbook" e o disco "Foi non mês que vem" do músico brasileiro Vitor Ramil, coa colaboración de Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Guadi Galego

Estudantes das escolas de imaxe e son poderán asistir a unha sesión práctica de son, iluminación, produción técnica e estruturas, durante os ensaios do concerto. E Budiño fará unha demostración didáctica para alumnado de primaria e secundaria

O concerto do Cantos na Maré máis lírico e intimistra, centrado na nosa poeta Rosalía de Castro, será o 11 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As entradas están á venda a través do servizo de Servinova (www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500) ao prezo de 28€
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal