>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Vaamonde, Lamas & Romero en A Estrada, Pontevedra

(ultima actualización: 4 / 12 / 13 )





Xoves día 5 ás dez da noite no Teatro de A Estrada, Pontevedra

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. Será o vindeiro día 5 de decembro no Teatro Principal da Estrada ás 22 horas.


Ademais, nesta ocasión, estes grandes músicos estarán acompañados dos tamén de sobra talentosos compoñentes da Banda de Música de música Municipal da Estrada, dirixida por Javier Comesaña.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise. Para poder desfrutar con este espectáculo as entradas, a cinco euros, poden mercarse en De Cotío (Rúa Xelmírez, 26, Compostela) ou reservarse chamando ao 986 573 601 e retiralas media hora antes do inicio do concerto. O aforo é limitado.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal