>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 7 / 11 / 08 )





(Pinchar en + páxinas relacionadas para máis información)


- Milladoiro -


NOVAS RELACIONADAS:



Milladoiro ultima o seu novo disco cando se achega aos 30 anos da gravación do primeiro
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=328








O grupo Milladoiro edita o disco ´A quinta das lágrimas´ a finais de mes
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110700_13_234874__Cultura-grupo-Mi




O novo traballo será lanzado ao mercado polo selo discográfico
galego Pai Música. O álbum, coproducido polo Eixo Atlántico, é unha
mestura de música portuguesa e galega, e como convidadas aparecen
as voces de Mafalda Arnauth e Laura Amado .


ÓSCAR LOSADA. A CORUÑA. Un novo traballo de Milladoiro sempre é
un acontecemento para a música galega. Logo dunha obra especial
como a anterior, esa Estrela por guía adicada ao poeta Manuel María
que se constituía como o primeiro traballo vocal do conxunto, agora
chega ás tendas a finais deste mes A quinta das lágrimas. A entidade
Eixo Atlántico foi o xermolo do proxecto ao pedir ao conxunto que
unisen a Portugal e Galiza por medio de pezas musicais. "Eles foron
os que nos motivaron para realizar esta obra e unha parte importante
para que este disco sexa unha realidade. Agradecemos esta aposta
por unha obra musical", indica Moncho García, un dos compoñentes de
Milladoiro.
O nexo de unión dos dous territorios parte da figura de Inés de Catro,
unha galega que foi raíña do país veciño, e chega ata a actualidade.
No álbum escoitaranse pezas de composición da banda galega, algún
tema tradicional e unha versión do Venham máis cinco de José
Afonso."Partimos dun momento histórico en que os dous eramos un e
incorporamos cousas como un par de cantigas de Afonso X e unha
versión musicada de O mar portugués, de Fernando Pessoa. Tamén
recurrimos a Manuel Antonio e o seu poema Fomos quedando sos. A
nosa idea foi a de salientar aquilo que nos une, e plasmar ese
elementos comúns no eido musical".
Para dúas das pezas cantadas contan novamente coa ferrolá Laura
Amado, que leva anos poñendo a súa voz ao servizo da banda. A
novidade nesta obra é a presenza da portuguesa Mafalda Arnauth,
quen tamén aparece en dous temas. A lusa xa participou no concerto
de Milladoiro celebrado a finais de xullo en Compostela e estará
acompañándoos o vindeiro 25 de novembro en Coruña, nun recital
que servirá como presentación do disco. García comenta que o
conxunto estivo "moi cómodo á hora de interpretar os ritmos
tradicionais portugueses, xa que realmente se trata dunha música
transfronteiriza e ten algo en común coa nosa". Prodúcese agora unha
novidade importante na vizosa andaina do grupo. Desde os primeiros
discos, editados polo selo Ruada, non houbo ocasión de ligar a súa
obra a unha empresa galega e agora será Pai Música a que se
encargue da distribución de A quinta das lágrimas. "O mundo
discográfico mudou moito desde hai tres décadas e agora dase a
oportunidade de traballar cunha empresa que está a facer un bonito
traballo e bótalle moitas ganas e ilusión. Nós producimos e eles
distribúen. Queremos controlar, na medida do posible, todo o proceso
do disco. Ao final é como se pechásemos un círculo ao volver cunha
empresa do país", sinala García.





O novo disco de Milladoiro xirará ao redor das relacións entre Galiza e Portugal
http://www.vieiros.com/nova/70063/o-novo-disco-de-milladoiro-xirara-ao-redor-das-relacions-entr


O álbum, titulado 'A quinta das lágrimas', será editado por Pai Música.


As cancións de A Quinta das Lágrimas tratarán a relación amorosa
entre doña Inés de Castro e o infante don Pedro, e de xeito máis
amplo a relación entre Galiza e Portugal. Será un obra conceptual. Son
máis dunha ducia de álbums de estudio para case tres décadas de
traxectoria. De feito, A Quinta das Lágrimas abrirá un ano, 2009, no
que o grupo celebrará os seus 30 anos, un ano de concertos e
celebracións no que o Milladoiro tamén editará un disco
recompilatorio. A presentación en directo do novo disco de Milladoiro
producirase o próximo 25 de novembro no Teatro Colón da Coruña e,
posteriormente, o 17 de decembro, no Centro Cultural Caixanova en
Vigo.

A Quinta das Lágrimas, situada na marxe esquerda do río Mondego
en Coimbra, foi o escenario dos amores prohibidos do príncipe D.
Pedro (futuro Pedro I de Portugal) e Inês de Castro, que tiveron catro
fillos. Conta a lenda que foi na Quinta das Lágrimas que D. Inês
chorou por última vez, cando era traspasada polos puñais dos fidalgos
a quen o rei Afonso IV ordenara a súa morte. As bágoas daquela
derramadas inspiraron a Luís de Camões a crear o nome de Fonte das
Lágrimas e a moitos outros escritores a consagrar o amor eterno de
Pedro e Inês.





Milladoiro editará un novo traballo discográfico coa produtora PAI Música
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11391








Milladoiro saca novo disco: “A Quinta das Bágoas”
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11749








Milladoiro presenta "A Quinta das Lágrimas"
http://www.pai-musica.com/lang-gl/inicio/18-proximos-lanzamentos/169-milladoiro-presenta-qa-qui


PAI Música edita o novo traballo discográfico de Milladoiro onde o Eixo Atlántico e Cormorán aunan sinerxias para levar a cabo un proxecto de hermanamento entre Galicia e Portugal cun Atlántico como espello de fondo, fiel reflexo do sentimento e historia que o propio grupo define na súa introducción ao disco:

É a banda sonora da alma semellante e distinta que compartimos, Galicia e Portugal. É unha viaxe musical polas terras, os montes, os ríos, a fala, o mar, os ritmos, as tradicións, a historia, etc, que forman o imaxinario que fixo de nós dúas ponlas nacidas dunha mesma árvore.


Ten este camiño a sua orixe e inspiración nos amores de D. Pedro de Portugal e Dña. Inés de Castro, galega que chegara a ser Raiña de Portugal despois de morta. Alí atopamos a fonte onde nace esta historia que nós queriamos contar coma un río que xuntos nos leva o mesmo mar; e o seu titulo atopámolo nese lugar que tiña acovillado a súa historia de amor e morte e que deu lugar a fermosa lenda que é o berce deste relato musical: A Quinta das Lágrimas.

Recorremos o laberinto do medioevo da man das Cantigas de “Santa María” de Alfonso X, para despois adentrarnos na música, nos ritmos nacidos sen fronteiras, composicións da Raia, levadas pola tradición de beira a beira do Miño como o “Galope de Guistola” do rico folclore miñoto e dous temas de Tras os Montes e o tema tradicional galego “Foliada de Avión”

Cara o Oeste, Galicia e Portugal ollan ese misterio sen resposta que é o Atlantico, un mesmo horizonte infinito. Dese mar fala Fernando Pessoa no seu poema “Mar Portugués”; pero hai outro, o que surcan as mulleres e os homes nas travesias, as veces sen retorno, o mar do traballo, poético e real no poema de Manoel Antonio “Sós”.

Un día Portugal erguéuse chea de caraveis. Daquela época un canto a nova era no “Venham mais cinco” de José Afonso, que permitímonos versionar. Namentras, desta beira do río, Luis E. Batallán poñía fermosa música ó poema de Álvaro Cunqueiro, ”Quén poidera namorala”, un deja vu da lírica dos trobadores.

Este traballo pasa a ocupar o número vinte e tres da historia do grupo máis representativo e admirado da música folk do país. A Quinta das Lágrimas é pois unha volta ás cores, a beleza e ao coidado exquisito dos traballos de Milladoiro.

Un disco gravado nos estudios Cormorán e Casa de Tolos e que conta con colaboracións especiais como a das voces femininas de Laura Amado e da fadista lisboeta Mafalda Arnauth.
O deseño corre novamente a cargo de Xose M. Piñeiro, outro compañeiro de viaxe de Milladoiro dende “A Galicia de Maeloc”.





Milladoiro mira cara a Portugal - 'A Quinta das Lágrimas' rescata a figura de Inés de Castro
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Milladoiro/mira/cara/Portugal/elpepiautgal/20081128elpgal_23/Tes


A xénese foi unha proposta de Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico. "Apetecíalles que Milladoiro tratase a relación entre Galicia e Portugal", conta o percusionista do grupo, Moncho García. Ao final, tras 52 concertos de presentación d'Unha estrela por guía, o primeiro disco enteiramente vocal de Milladoiro, con textos de Manuel María, o estímulo foi a nobre limiá -ou monfortina- Inés de Castro

A Quinta das Lágrimas, presentado o pasado martes -Día Internacional contra a Violencia Machista- no Teatro Colón da Coruña, recupera a historia da galega que reinou en Portugal, aínda que fose despois de morta. "Daquela violencia de xénero non había", di García, "pero está claro que ela foi vítima". A limiá -ou monfortina- Inés viviu o amor prohibido co infante Don Pedro sendo dama de compañía da súa prima Constanza, que viaxaba a Portugal para casar con el. Matárona tres mercenarios pagados polo rei Alfonso IV, pai de Pedro. Na Quinta das Lágrimas, a dez minutos do centro de Coímbra.

A historia, recollida por Camões n'Os Lusiadas, inspiradora de filmes, óperas e novelas románticas de agora mesmo, sérvelle musicalmente a Milladoiro para mirar cara Portugal. Tamén -Portugal- como amor difícil. "Foi un exame para introducirnos nun territorio moi cercano e circunstancialmente afastado", resume Moncho García. "Non quixemos darlle rigor historiográfico, pero desde aí discurrimos". O novo disco conceptual de Milladoiro, coas voces da fadista portuguesa Mafalda Arnaud e da xa habitual Laura Amado, inclúe o Inês de Camões e dúas cantigas de Alfonso X, "de cando aínda tiñamos reino". En formato clásico, tamén cancións máis arrimadas ao repertorio presente, desde o tradicional Galope de guistola aos temas das ditaduras compartidas. Está o Venham mais cinco de Zeca Afonso e unha versión de Quen puidera namorala, ata chegar "ao presente atlántico", a través dunha revisión do Mar portugués de Pessoa e o Sos de Manuel Antonio. O tronco común da música tradicional galego-portuguesa, secuenciado nos traballos de Vasconcellos ou Lopes Graça, en Portugal, e Bouza Brey en Galicia, foise renovando por medio das colaboracións -de Uxía á Brigada Victor Jara-, pero a relación segue sendo difícil. Como tal, di García, "dá para un debate doutra caste".

No debate da internacionalización, o percusionista de Milladoiro, marca de seu, tamén pide un "debate serio". "Se non chaman nin pagan é que non tes importancia", resume. "E non sei se iso de chamarlle industria cultural estará sobredimensionando a historia, cando todo se basa no diñeiro público". Vinte e tres discos despois d'A Galicia de Maeloc (1979), compilatorios incluídos, e logo de pasaren por Ruada, Sony, Ariola ou Discmedi, A Quinta das Lágrimas será editado e distribuído polo selo galego PAI Música. "Para pechar o círculo", di Moncho García.

A formación actual de Milladoiro, que conserva a Pepe Ferreirós, Nando Casal, Xosé A. Méndez, Antón Seoane e García, presentará A Quinta das Lágrimas en Vigo o 17 de decembro, no Centro Cultural Caixanova.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: Fuxan os Ventos: Lúa de Prata ::

:: Presentación do libro-cd "Fí­os do querer" ::

:: Tradicionalmente, de Carlos Estévez ::

:: Conví­rtete en Mecenas do disco Elelelos: Músicas de tradición oral do Concello de Bueu ::

:: O disco de CAXADE está-se cozendo ::

:: Xa está á venda o libro sobre Germán V. Soneira ::

:: Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD ::

:: Cantocha de mala ghana - Adianto do novo disco de Mónica de Nut: DOS FIOS INVISIBLES CHEGAN AS CORES ::

:: A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico. ::

:: Som do Galpom - A piques de estourar ::

:: “CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: 26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD ::

:: Pop, novo disco de Luis Peixoto e Fernando Barroso que busca financiación na plataforma Verkami ::

:: Andando a Terra. Uxía Canta a Manuel María ::

:: "Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional ::

:: KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA ::

:: Presentación do libro-cd "De Voces Ceives a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega" de Antón Seoane ::

:: Presentación en Ames do libro-disco de Germán Soneira ::

:: Presentación do novo disco de Terbutalina, A MUERTE, na Sala Capitol (Compostela) ::

:: Concerto-presentación do disco "Dos fíos invisibles chegan as cores", de MÓNICA de NUT e VIRXILIO da SILVA ::

:: Presentación do CD/DVD SERAN EN TOUTÓN, en Mondariz ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO MAGNÉTICO-ZEN DE XOÁN CURIEL EN LA HABITACIÓN DE NIÑA CARACOL (OURENSE) ::

:: Torre de Breoghán: Luar na Lubre musica as invasións galegas de Irlanda en compañía da OSG ::

:: Os Ulträqäns presentan o seu segundo disco na Sala Garufa Club (A Coruña) ::

:: 2naFronteira presenta Zapatiños para Díaz Castro en A Coruña ::

:: Presentación en Bueu do Proxecto Elelelos ::

:: Marta Quintana e Cuchús Pimentel achéganse a Diaz Castro no multiusos de Redondela ::

:: Presentaciòn do libro O Gaiteiro de Santo Xusto ::

:: Presentación-Festa do libro biográfico dos Diplomáticos de Monte Alto ::

:: Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultura ::

:: Sesión Bravú no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) ::

:: Presentación do libro TANTO ENCANTO REUNIDO en San Sadurniño ::

:: Tanto Nos Ten presenta o seu novo CD en Redondela ::

:: Pandeiromus presenta "TEÑO DÍAS" ::

:: LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO, novo disco de Guadi Galego ::

:: O Fiadeiro: Presentación do libro-CD “A viaxe de José do Campo” na ETRAD (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo do novo disco de A Quenlla ::

:: Presentación Novo disco Santos Morcegos na IV Festa de Entruido Da-lhe co Sacho. En A Guarda ::

:: aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada ::

:: Riobó presenta Quiral ::

:: Presentación oficial en Vigo do novo LP de Camarada Nimoy ::

:: Disco-presentación Liviao de Marrao + Collón de Lola (Compostela ::

:: Presentación en Lugo do libro "Pito Galego, Método Práctico" Edt. Ouvirmos ::

:: Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal ::

:: Presentación do disco SONS DE NÓS no teatro Colón (A Coruña) ::

:: Presentación-concerto do disco de Sindicato da noite, en Andel (Vigo) ::

:: Presentación do disco de Algarabia en Mos ::

:: Presentación do libro Repertorio Tabernario ::

:: IREI A DARBO. Presentación da curtametraxe en Cangas ::

:: Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal ::

:: SES no Culturgal | Sinatura de discos ::

:: Presentación en Ponteareas de Alborada Dun Soño, de Anton Corral ::

:: Concerto-presentación do disco dos CHAVELLOS en Mos (Pontevedra) ::

:: Os Carunchos en Vincios (Gondomar) ::

:: Presentación do libro O Gaiteiro de Santo Xusto 'O son da Ulloa' en Monterroso ::

:: Brigada Bravo&Díaz presenta disco en Santiago De Compostela ::

:: Irei a Darbo ::

:: Presentación do videoclip de Samarúas en A Coruña ::

:: Presentación de indoevindo de Milesios en Lugo ::

:: Presentación en A Coruña do libro-CD "indoevindo" de Milesios ::

:: Presentación en Rianxo do libro+CD: Os soños na gaiola en concerto ::

:: Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol ::

:: Presentación de indoevindo en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei. Lugo) ::

:: Presentación en A Coruña dos novos vídeos de Os Diplomáticos de MonteAlto ::

:: Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña) ::

:: Presentación en Rianxo do libro-cd homenaxe Ramón Carou ::

:: 40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa ::

:: Presentación en A Coruña do libro-disco 'ELISEO PARRA, nunca perseguí la gloria' ::

:: Presentación do libro "O Tamborileiro Técnico" na MMC de A Coruña ::

:: Susana Seivane pre-estrea 'Fa' en A Coruña ::

:: Presentación de Herdeiras en Mondariz ::

:: Tiruleque presenta "Outro que tal baila" en Compostela ::

:: Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas ::

:: Presentación do primeiro disco de Volta e Dalle en Mondariz ::

:: Presentación en Vigo da Chave Mestra ::

:: Dorothé Schubarth presenta 'Os cantos do mar' en Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Presentación de Aldea Viva en A Coruña ::

:: Presentación do Libro-CD Son da Maía en Calo (Teo) ::

:: Concerto-Presentación do libro O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en Ferrol ::

:: Bruno Villamor presenta O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en A Coruña ::

:: MetalXis presenta o seu primeiro traballo en Bembrive (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo dos traballos de Pablo Rial e Rafa Crespo ::

:: Apresentação SINDO DE OLELAS COM XURXO SOUTO E RAMOM PINHEiRO (Arca da Noe - Vilar de Santos) ::

:: Gonzalo Caride presenta O SAÍR PRÁ ROMARÍA en Lavadores (Vigo) ::

:: Os Melidaos presentan TRIBU NOSA (Melide) ::

:: Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez ::

:: Presentación dos libros `Entre Lusco e Fusco´ e `Colleita Propia´ en Moaña ::

:: Presentación do libro `Guadi Galego. Pola beira da canción´ na Libraría Paz (Pontevedra) ::

:: Concerto presentación do Libro-CD Vilaverde de Os Viqueiras en A Coruña ::

:: Presentación de é-brindo e é-romance en Pedrafita do Cebreiro ::

 

:: A OFG SONDESEU EN A CORUÑA. SÁBADO 8 DE MARZO. 20:30. TEATRO ROSALÍA DE CASTRO. XIRA PRESENTACIÓN DANZAS BRANCAS ::

:: A OFG SondeSeu en Compostela ::

:: Concerto de Som do Galpom en Burela ::

:: SONDESEU, A ORQUESTRA FOLK DA ETRAD, INICIA XIRA DE PRESENTACIÓN DE DANZAS BRANCAS ::

:: Presentación do libro CD CoraSons na Illa de Arousa ::

:: Presentación do Libro TREBOADA GALEGA en A Guarda ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Caminantes de Finisterre presenta o seu DVD 'Vivo en La Plata' ::

:: Presentación de Pan de Millo, este sábado en Pontevedra ::

:: Cé orquestra pantasma, presentación en Vigo do disco "Do Meu" ::

:: TIRULEQUE presenta o seu 2º traballo discográfico "Mu!!" ::

:: V Edición de Persoeiros da Terra: Presentación do Libro-CD "Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas", na Casa Común de Calo 'Marisa Mirás', no Concello de Teo ::

:: Presentacion en Compostela de ARROCK CON CHICHAROS o novo disco de Pito de Pikasso ::

:: Sés presenta en Compostela o seu disco Co Xenio Destrozado ::

:: Uxía Senlle presenta Rosalía Pequeniña acompañada por Sergio Tannus e Santiago Cibreiro ::

:: Concerto de SKANDALO GZ no Avante en Santiago ::

:: Kepa Junkera, convidado de luxo na Foliada da Baiuca (Arteixo) ::

:: SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías” ::

:: Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE ::

:: Concerto de Os Minhotos en Lugo presentando A Pinga D'auga ::

:: A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS ::

:: Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País. ::

:: Presentación do disco de ORBALLO na Casa de Cultura de Pontedeume ::

:: Milesios presenta en Lugo o seu disco Alén Mar ::

:: Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo) ::

:: Skandalo Gz presenta o seu disco Esperta!! Na Gentalha do Pichel (Compostela) ::

:: Presentación en Lugo, de PINGA D'AUGA, novo disco de Os Minhotos ::

:: GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría en Teo ::

:: Presentación do libro "TREBOADA GALEGA" ::

:: Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU ::

:: Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga ::

:: Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición) ::

:: Presentación en Arzúa do disco de Julio Vázquez Carril ::

:: Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios ::

:: AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní­ ::

:: Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: Concerto-Presentación do CD de Agustí­n Sánchez “Pezas de aquí­ e acolᔝ na Tradescola (Lugo) ::

:: Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O Canto do Pobo ::

:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::

:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::

:: Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::

:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::

:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::

:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::

:: As cancións perdidas do pazo ::

:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::

:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::

:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::

:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::

:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::

:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::

:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::

:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::

:: Lizgairo - Diacroní­as ::

:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::

:: Tiruleque ::

:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::

:: 'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón ::

:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::

:: Noitarega, "XXI" novo disco ::

:: Dous + Tres = Folkfusión ::

:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::

:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::

:: Así­ fan os bailadores... ::

:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::

:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::

:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::

:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::

:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::

:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::

:: Once máis 15, poemas musicados ::

:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::

:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::

:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::

:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::

:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::

:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::

:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::

:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::

:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::

:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::

:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::

:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::

:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::

:: `Benzón´ de Guadi Galego ::

:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::

:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::

:: `O Berce das Palletas´ ::

:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::

:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::

:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::

:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::

:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::

:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::

:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::

:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::

:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::

:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::

:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::

:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::

:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::

:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::

:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::

:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::

:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::

:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::

:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::

:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::

:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::

:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::

:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::

:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::

:: Presentación do libro O vestido de onte ::

:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::

:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::

:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::

:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::

:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::

:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::

:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::

:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::

:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::

:: Presentación do CD Son de Rianxo ::

:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::

:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::

:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::

:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::

:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::

:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::

:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::

:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::

:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::

:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::

:: Xa está online A Grileira Nº10 ::

:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::

:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::

:: PAI Música editará Cantos na Maré ::

:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::

:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::

:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::

:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::

:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::

 

 




 

Voltar á páxina principal