"Os cantareiros do mar" é un grupo musical que pretende dar a coñecer á música popular galega dentro e fóra das nosas fronteiras. Queremos diginificar a música que noutras épocas se cantaban nas tabernas da nosa terra. Outra das nosas intencións é achegar á música galega pero cun toque persoal e distintivo de outras formacións. Creado en Barcelona, por compoñentes galegos e cataláns, tentamos que Galiza síntase orgullosa da súa música, tanto a xente que coñeceu estas cancións de seu, como a xente nova que aínda non puido desfrutar dunha tradición musical rica en contidos e melodías. O noso repertorio inclúe temas da nosa tradición, así como temas propios.
|