>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Kepa Junkera e Sés, citas musicais no Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 20 / 11 / 13 )





Para as persoas que residan en Barakaldo, e no Gran Bilbao en xeral, esta semana vén marcada por dúas propostas musicais de calidade e de inequívoco sabor galego. Para comezar, o vindeiro xoves 21 de novembro, a partir das 19:00, o Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo acollerá a apresentación en Euskadi do álbum Galiza, o novo proxecto de Kepa Junkera. O novo proxecto do trikitilari de Errekalde comeza así unha andaina que o levará por diversas localidades vascas e galegas.


A segunda cita será coa música fresca e atrevida de Sés, que xa actuou en terras vascas hai aproximadamente un ano. Desta volta, os temas do seu disco, Co xenio destrozado, soarán no Centro Galego de Barakaldo o venres 22, a partir das 21:00. Para os que non poidades, teredes unha segunda oportunidade ao día seguinte no marco do Festival BIME, que se celebra no BEC da localidade fabril.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal