>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA

(ultima actualización: 15 / 11 / 13 )





KEPA JUNKERA - GALIZA


CD 1:
1. Alalá Transfigurado con Cristina Pato
2. Muiñeira dos Pontinos con Emilio e Daniel do Pando
3. Xota da Guía con Budiño
4. Lelele con Banda das Crechas
5. Danza das Pereiras/Danza de Rubiós/Muiñeira de Mangüeiro con Leilía
6. O Pousa con Luar Na Lubre
7. Fasioren Martxea con Central O Folque
8. Canto de Monzo/Muiñeiras de Florencio con Central O Folque
9. Valse de Santa Mariña con Davide Salvado
10. O Merlo/Bizkaian Zehar/Lúa Clarea/Pagasarriko Martxea/Lévame, Lévame con Treixadura

CD 2:
1. Galizako Muiñeirak/Trikitixa Martxa con Susana Seivane
2. Maneo de Silván/Roman Urrazaren Jotea con Radio Cos
3. Agarrado de Vilar de Cabeiras con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
4. Muiñeira De Valdeferreiros con Daniel do Pando
5. Terras do Norte con Os Cempés
6. Muiñeira A Cruz da Lobeira/Ruada con Os Cempés
7. Cantar dos Arrieiros/Maneo dos Barreiros de Malpica de Bergantiños con Pandereteiros de O Afiadeiro
8. Vals de Arousa con SonDeSeu
9. Rumba de Barciademera con SonDeSeu
10. Ven Bailar Carmiña/Pasodoble do Berbés (Os Morenos de Lavadores) con SonDeSeu
11. Unha Noite na Eira do trigo con Uxía
12. O Galo con Centro Galego de Barakaldo & Ceo de Sil & Alberto San Martín
13. Vals de Pazos de Merexo con Manuel Pazos de Merexo



Kepa Junkera, un dos músicos mais importantes, influintes e internacionais do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA un dos proxectos máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.
En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.
“GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos, e sairá á venda o 19 de Novembro.





Datas de presentación:

MARTES 19 DE NOVEMBRO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
PRESENTACIÓN A MEDIOS, AMIGOS E COLABORADORES
12:30 CASA DÁS CRECHAS
Via Sacra, 3
Showcase e presentacion.
Kepa contaranos os segredos e anécdotas arredor da composición e gravación de "Galiza"

XOVES 21 DE NOVEMBRO
BARAKALDO (Bizcaia)
PRESENTACION A MEDIOS, AMIGOS E COLABORADORES
12:30- CENTRO GALEGO DE BARAKALDO
Rúa Galicia, 3
Aperitivo musical

MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO
Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRADE). Será ás oito da tarde, e contará coa participación de Daniel e Emilio Pando


SÁBADO 30 DE NOVEMBRO
CULTURGAL PONTEVEDRA
CONCERTO PRESENTACION "GALIZA"
21:30- AUDITORIO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Rua Alexandre Boveda, s/n
Artistas Invitados:Budiño, Leilía, Uxía, Treixadura, Daniel Do Pando, Davide Salvado




NOVAS RELACIONADAS:







TEXTO INTRO DO NOVO DISCO DE KEPA JUNQUERA feito polo director artístico de aCentral Ramón Pinheiro.

Foi em Fevereiro de 2013 quando recibi a notícia por sua própria voz. O mestre da trikitixa Kepa Junquera estava decidido a abordar um trabalho discográfico que teria na Música Popular Galega a sua singular protagonista. Dias depois, ao calor da conversa próxima e cúmplice, ele mesmo desgranava as motivações: a sua admiração polas formas musicais do repertório tradicional galaico assim como pola interminável canteira de extraordinários músicos que Galiza não para de produzir.
Ao longo dos meses de preparação fomos surpreendidos polo prazer e pola riqueza da experiência. Misturando-se com a seleção e escolha do repertório, a parola levou-nos a evocar pontos comuns dumas histórias compartilhadas polos dous povos e escassamente conhecidas: a presença de vocábulos do euskera na fala secreta dos arginas -os afamados canteiros de Ponte Vedra-; as fundações de vilas e portos baleeiros na Galiza medieval como Rinlo (Ribadeu); a pequena Galiza de Trintxerpe (Pasaia) fruto da emigração galega dos anos cinquenta; os projetos industriais, mineiros e energéticos, liderados por bascos a fins do s.XIX por toda a geografia galega de que ficam testemunhas como as minas da Ponte Nova; os padres bascos na Galiza rural como os passionistas de Melide ou a ascendência guipuscoana de Murguia, o ‘pai’ do galeguismo político.
A conversa revelava mais e mais histórias em que devagar convergimos na nossa paixão comum: tripulações basco-galegas de marinheiros ‘armadas’ com acordeões diatônicos na pesca de sardinha e bacalhau nos mares do Cantábrico e Atlântico norte, a capacidade improvisadora e brilhantez satírica de regueifeiros e bertsolaris, ou ainda episódios insólitos da nossa história comum recente como o protagonizado polo mestre de Barakaldo Rodrigo A. de Santiago em 1964 quando apresentou o seu método completo de gaita galega; o primeiro elaborado na história do instrumento. Neste fértil deambular da conversa detivemo-nos para aprofundar nas recordações daquela histórica colaboração entre os ‘patriarcas’ da música tradicional galega Faustino Santalices e Perfecto Feijoo com o mestre Jesús Guridi para que o de Gasteiz desse forma a La Meiga, zarzuela de ambientação galega estreada com êxito em 1929.
Recriar o repertório tradicional é um desafio tanto mais forte quanto mais rica e sugestiva é a obra, por isso no seu dia Guridi apelou, como hoje fai Kepa, ao conhecimento dos músicos galegos. O repertório, deliciosamente escolhido neste clima colaborativo está e estará demasiado perto de nós, dos nossos valores, paixões e vivências como para poder ser abordado com frialdade de laboratório. Ele é uma referência constante no nosso quotidiano e continua a ser fonte inesgotável de aprendizagem e inspiração.
Cada um de nós tivo, ao seu jeito, o privilégio de conviver de perto com Kepa e a sua trikitixa mas a nenhum da centena de colaboradores ocorrera-nos nunca o estar envolvidos num projeto guiado por essa natural disposição à colaboração mútua, e pola admiração da vitalidade e capacidade de celebração do que sempre fai gala a nossa música. Este disco é o grande prazer, a grande alegria, de conviver com a Música Popular Galega tocando-a. Esta vez a sombra de Santalices e Feijoo multiplicam-se por cem para celebrar mais uma vez o grande tesouro da música popular.

Ramon Pinheiro Almuinha





GC :: A Galiza de Kepa Junkera
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16522.html


O artista vasco regresa cun dobre álbum dedicado á música tradicional galega e arrodeado dalgúns dos artistas e formacións do país máis importantes do momento. O disco será presentado o 30 de noviembre en directo en Pontevedra, no Culturgal

O proxecto máis ambicioso de Kepa Junkera. Así se define xa o novo traballo musical deste mestre vasco de música tradicional. 'Galiza', que sairá á venda o 26 de novembro, está editado polo selo galego Fol Música e nel acompañan a Junkera algúns dos mellores artistas e formacións a actual escena tradicional galega.

O lanzamento deste novo disco de Kepa Junkera considérase todo un acontecemento na escena da música tradicional da Península ibérica. E precisamente pola súa excepcionalidade, a nova obra do artista vasco será publicada nunha edición especial cun dobre álbum e un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos. O disco/libro será presentado en Galicia, Euskadi e Madrid. Os asistentes á feira Cultural, en Pontevedra, poderán escoitalo nunha actuación en directo o 30 de novembro.

Na lista de colaboradores atópanse Cristina Pato, Emilio e Daniel do Pando, Budiño, a Banda das Crechas, Leilía, Luar na Lubre, aCentral Folque, Davide Salvado, Treixadura, Susana Seivane, Radio Cos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Os Cempés, Pandereteiros de O Fiadeiro, Sondeseu, Uxía, Manuel Pazos de Medexo e Ceo de Sil, Centro Galego de Barakaldo e Alberte San Martín.



Mesturas

En "Galiza" a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto, fortalecendo o eixo musical Galicia-Euskalherria.

O propio Kepa Junkera explicou que este traballo é o froito de tres décadas de profesión nas que visitou de xeito habitual Galicia, "a de verdade, a física, a do mar, a da montaña, a da néboa... a emocional, a das apertas, a complicidade, a maxia...".

E neses "cruces de camiños", Junkera foi "asimilando ritmos, melodías, instrumentos, maneiras e sobre todo maxia, a dun lugar e as súas xentes que converteron un espazo físico nun dos recunchos máis fantásticos que xamáis coñecín", confesa Junkera.




Un galego máis

Kepa Junkera, amante das tradicións que nos distinguen e unen como pobo, loa a lingua, cultura e música galegas coma propias:

"Galiza mora na esencia de todos os que gardan a súa alma, a súa lingua, a súa cultura, a súa música e os seus recordos. Así, eu xa podo dicir tamén dende hoxe que gardo Galiza no meu interior, alí onde por primeira vez as nosas músicas, ritmos e talentos se xuntaron para parir esta festa de sentimentos e emocións".







Kepa Junkera: "En pocas culturas hay una música como la gallega". Noticias de Gipuzkoa
http://www.noticiasdegipuzkoa.com/2013/11/20/ocio-y-cultura/cultura/kepa-junkera-en-pocas-culturas-hay-una-musica-como-la-gallega








De Bilbao a Merexo cun novo disco debaixo do brazo
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2013/11/18/bilbao-merexo-nuevo-disco-bajo-brazo/0003_201311C18C4991.htm?idioma=galego


Colaborar cun artista da talla de Kepa Junkera é algo que non está á altura de calquera, pero si dun dos representantes máis ilustres da música popular da Costa da Morte, o muxián Manuel Pazos, Pazos de Merexo. No seu caso, ademais, non só formou parte do selecto grupo de músicos galegos que han participando no novo disco do artista vasco (Cristina Pato, Budiño, Leilía, Luar na Lubre...), senón que o propio Junkera quixo agradecerlle a súa participación no proxecto desprazándose á aldea de Merexo para facerlle entrega dunha copia do álbum, chamado Galiza.
O reencontro entre os dous artistas, representantes de xeracións e culturas musicais diferentes, pero unidos por unha paixón común, será hoxe ás 11.30 na vivenda familiar de Pazos de Merexo, un veterano músico que se encamiña cara aos 90 anos e que xa ten sucesor, o seu neto Manuel, con quen non só comparte nome, senón tamén a destreza co acordeón.
A relación entre Pazos de Merexo e Kepa Junkera arrincou fai uns anos na Fundación Pondal, no Couto (Ponteceso), onde os dous tocaron xuntos no 2010. Un posterior reencontro nese mesmo escenario sentou as bases da colaboración en Galiza, que se materializou en xuño deste ano nun estudo coruñés. Nun ambiente distendido e máis próximo aos encontros populares de músicos -tal como explicaba onte o seu fillo, Pedro Pazos-, Pazos de Merexo interpretou varias pezas, en solitario e en compañía de Kepa Junkera e dos seus netos. Finalmente, decidiron incluír no disco o Vals de Pazos de Merexo, un tema que ademais ocupa un lugar destacado no álbum, posto que foi o elixido para pórlle o punto final. O propio Junkera destaca a gravación desa peza como un dos momentos máis especiais do disco.
«Para nós é un gran orgullo que Kepa veña hoxe a Muxía porque como lle dixen ao meu rapaz, é como se falando de fútbol viñese Messi xogar aquí», contaba onte Pedro Pazos sobre o emotivo encontro que terá lugar hoxe.







Pazos de Merexo estrea o "Galiza" de Kepa Junkera
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2013/11/18/pazos-merexo-estrena-galiza-kepa-junquera/00031384782432510611766.htm?idioma=galego


Tiña a Luar na Lubre, Leilia, Cristina Pato, Mercedes Peón e un larguísimo etcétera, ata 200 músicos da comunidade que colaboraron no seu disco "Galiza" pero o vasco Kepa Junkera, virtuoso de varios instrumentos tradicionais "quería que fose el", o acordeonista muxián Pazos de Merexo, o primeiro que vise o traballo acabado. Por iso é polo que Junkera desprazásese hoxe a Merexo para tocar con Manuel, co neto de leste e compartir xantar con toda a familia nunha xornada especialmente emotiva.
Pazos volveu mostrar a súa devoción por Junkera, ao que, segundo revelou, coñeceu na Carballeira do 2002 e co que tocou por primeira vez no Couto.
O artista vasco tampouco se quedou á zaga e puxo a figura do veterano autodidacta muxián á altura das colaboración máis grandes do disco. De feito, é Pazos quen pecha ese traballo que se ha sustanciado nun disco dobre acompañado dun libro de máis de 50 páxinas, que onte soou por primeira vez no reprodutor da casa familiar de Merexo, ao pé da Lareira, onde os músicos compartiron confidencias e algunhas pezas ao acordeón.






Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo
http://www.quepasanacosta.com/?p=28193




Menudo día chea de emocións que vivíu Muxía. O mesmo Kepa Junkera volvía pola Costa da Morte aproveitando a presentación do seu novo disco: Galiza. E el mesmo, en persoa, quixo achegarse ata unha pequena e brava aldea chamada Merexo para entregarllo, en man, a un amigo moi especial.

Acordou ca familia aparecer a media mañá, e darlle unha sorpresa ao gran Pazos de Merexo, do que xa teñen falado aquí
Viki Rivadulla ou Xurxo Souto. O bo de Pazos, aos seus anos, é partícipe do disco, pois grabou algún dos temas co equipo vasco (outras bandas galegas como Luar na Lubre, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño… tamén participaron). E o artista euskaldún, nun exemplo de achegamento á terra, como o propio disco demostra, quixo entregarllo en man.


Pero para facer a visita máis completa, antes de aparecer por casa, quixo deixar a súa pegada nun dos coles máis activos da zona, o CEIP Os Muíños, no que ademais estudia o bo de Manuel, o neto. Un neto que xa lle dá ao acordeón case coma o avó, e que hoxe tamén era un dos homenaxeados. Manuel fíxolle o dúo cos acordeóns e a compañeira Paula atreveuse ca pandeireta.

Kepa non dubidou en sacar a súa trikitixa, o noso acordeón, e os pequenos aprenderon a apreciar cantas cousiñas boas temos na nosa terra.




Malia que algún que outro medio, por intentar sacar a exclusiva case rompe a sorpresa, Kepa sorprendeu ao seu amigo Pazos na súa casa en Merexo. Disfrutaron pequenos, maiores e protagonistas. Unha auténtica estampa feliz viviu Merexo durante esta mañá, na que o acordeón de Kepa compartiu notas co de Pazos de Merexo e co seu bravo neto Manuel.

As emocións desbordábanse a cada comentario, a cada debuxo traído dende a escola, acada recordo do bo de Pazos, ou a cada loubanza de Kepa, que mantivo en todo momento o seu papel de idólatra, nunca no de ídolo.

E ollo, que prometeu voltar por Merexo!!

Temos iso, agradecer a invitación da familia muxiá, que nos brindou a posibilidade de disfrutar dunha velada tan entrañable coma esta. E ao tempo felicitalos por ser tan auténticos que

Ah!, e non vos perdades a historia do acordeón de Pazos de Merexo, que dá para unha película!















O disco galego de Kepa Junkera | EL PA͍S
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/13/galicia/1371138842_335945.html




















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal