>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Conví­rtete en Mecenas do disco Elelelos: Músicas de tradición oral do Concello de Bueu
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 12 / 11 / 13 )





Desde o 9 de novembro ata o 17 de decembro de 2013, Retrouso de Cela, coa túa axuda, ten a oportunidade de lograr algo moi grande: lanzar o primeiro disco de música tradicional en base a contribucións de mecenas a través de Internet.

A plataforma de crowdfunding Verkami aceptou a nosa idea e temos 40 dí­as para recadar entre vós 1600€. í‰ modo intercambio, case "unha prevenda", na que a cambio da contribución se ofrece, segundo o que esteas disposto a doar, un anticipo do disco, o disco mesmo, disco e camiseta...

Tes na seguinte ligazón toda a info:

Axúdanos a lanzar Elelelos
Estamos moi contentos de que polo de agora puidesemos contar coa axuda altruí­sta de profesionais de tantí­simo nivel como Luí­s Davila para o estupendo deseño da Retrocamisola, ou o realizador Gaspar Broullón para facer unha pequena peza de ví­deo explicativa do proxecto.






A Asociación Cultural Retrouso de Cela quere editar un traballo discográfico que escolme o froito de quince anos de recollas de campo a persoas maiores de todo o Concello de Bueu.

Un disco estará cheo das mellores gravacións, pezas tradicionais desta área morracense que abrangue a riqueza pandeireteira da Illa de Ons, gaiteiros da Portela e de Cela, tocadores de filharmónica en Cela e a riqueza melódica de áreas como Beluso, Xexide ou Ermelo. Todo isto glosado no libreto con datos dos informantes e unha breve explicación técnico musical.

O outro disco conterá un tributo de Retrouso de Cela a estes informantes e ás músicas que nos teñen transmitido, con 12 pezas interpretadas en base ao explicado polas persoas maiores e engadindo pequenas pinceladas en coherencia con elas.

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
A Asociación Retrouso de Cela financiou inicialmente a gravación do disco homenaxe e estase a traballar na escolma do disco das recollas. Os cartos son necesarios para o proceso de edición e mellora de todos os audios, así­ como a xeneración do libreto e as copias dos discos. De lograr ese paso, imprescindible, trataremos de, xuntos, recompilar os cartos para todo o proxecto.



- Retrouso de Cela -


NOVAS RELACIONADAS:



Os ´Elelelos´ de Bueu buscan mecenas - Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/11/10/elelelos-bueu-buscan-mecenas/911524.html


Retrouso acaba de embarcarse nun proxecto ambicioso e que a súa vez é unha homenaxe á musica tradicional de Bueu. A intención do colectivo é publicar a principios de 2014 un disco dobre no que recolle unha ducia de pezas que forman parte da tradición oral da vila e no que reinterpreta outros doce temas tradicionais. Pero para facelo Retrouso precisa axuda, unha axuda que se cuantifica en 1.600 euros. Por iso recorreu á plataforma estatal máis importante no micromecenazgo cultural. Dende hoxe e durante os vindeiros 40 días xa se poden facer aportacións que terán a súa recompensa.

A cultura é un dos sectores que máis está a sufrir as consecuencias da crise. Unha crise que está obrigando aos colectivos e grupos a agudizar o enxeño para poder levar adiante os seus proxectos. Iso é o que lle pasa a Asociación Cultural Retrouso de Cela, que quere publicar o vindeiro ano un dobre disco que sirva como recopilatorio da música de tradición oral de Bueu. A agrupación decidiu botar man dunha das alternativas máis socorridas hoxe en día: o micromecenazgo, máis coñecido polo termo inglés "crowfunding". Dende hoxe abre un periodo de 40 días naturais nos que precisa recaudar ata 1.600 euros para que este proxecto vexa a luz.

Ese dobre álbum vai levar por título "Elelelos. Músicas de tradición oral no Concello de Bueu". Que iso de "elelelos"? Basicamente é a palabra que emprega os informantes e a xente maior para referirse ás pezas que cantaban. Algo así como botar unha canción. O proxecto que ten en mente Retrouso é ambicioso e precisa axuda. O primeiro pulo xa o conseguiu. A agrupación buenense recurriu a Verkami.com, que está considerada como a plataforma en Internet de referencia en España no tocante ao micromecenazgo cultural. Esta páxina é moi selectiva coas iniciativas que acolle e decidiu apostar pola de Retrouso. "Valora as ideas diferentes e innovadoras e aceptou o noso proxecto, o primeiro a nivel estatal centrado especificamente na música tradicional", explica dende Retrouso Rubén Bastón.

Este "Elelelos" vai estar formado por dous discos. No primeiro inclúese unha selección de doce temas procedentes do intenso traballo de campo que fixeron membros de Retrouso durante os últimos quince anos, nos que percorreron todos os recunchos de Bueu recollendo pezas e cancións da tradición oral da vila. Así, no álbum hai temas como "Cantar e foleada de Sabarigho", "Cantar do Viso", unha rumba de Cela chamada "Barrabás barrighudo", "O piollo e a pulgha" do lugar de Norte ou unha muiñeira e un pasodobre de Ons. O segundo disco conterá outras doce pezas tradicionais reinterpretadas por Retrouso e que son "un tributo a toda esa xente que soubo manter estas músicas na memoria", di Rubén Bastón.

Pero para que a publicación de todo isto sexa posible fan falla mecenas que axuden financiar o proxecto e por iso o grupo botou man de Verkami.com. As aportacións económicas terán a súa recompensa en función da cuantía: o envío anticipado de dez temas por 6 euros, o traballo completo por 12 euros, un disco e unha camiseta deseñada por Luís Davila por 20 euros ou incluso a presentación en directo do disco polos membros de Retrouso por 300 euros. En calquera caso, calquera aportación implicará que o nome do mecenas aparecerá recollido no libreto do disco.

A gravación xa se fixo este verán baixo a dirección artística de Guillerme Ignacio e con Isaac Millán como técnico de son, ambos integrantes de Quempallou. Retrouso asume boa parte do custe do traballo, pero precisa eses 1.600 euros para completar o proceso de edición e mellora do audio, a elaboración do libreto e a publicación das 1.000 copias previstas.

Dende a agrupación entenden que o proxecto é interesante xa de por si xa que vai permitir recoller e conservar unha parte fundamental da cultura musical e oral de Bueu como pobo. - ademais esta iniciativa "pode ser tamén unha inspiración para moitas outras asociacións culturais con poucos recursos e que atopen no micromecenazgo unha alternativa para lanzar proxectos culturais", sostén Rubén Bastón.

Retrouso comeza dende hoxe o seu camiño para facer viable o seu proxecto e só dispón de 40 días para reunir eses 1.600 euros. Xa o saben: os "elelelos" de Bueu buscan mecenas para seguir vivos na era dixital.






Verkami para un disco de Retrouso
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=1260&lg=gal


A Asociación Cultural Retrouso de Cela (Bueu) ultima o lanzamento dun traballo discográfico de música tradicional financiado a través do sistema de crowdfunding (financiamento social) a través de Internet. Acaba de arrincar na plataforma Verkami.com o proxecto no que, antes do 17 de decembro de 2013, deberá recadar os 1600 euros que precisa para sacar adiante o disco. Está accesible desde o enderezo elelelos.com. Titularase “Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu”

Eelelos

O traballo discográfico, un dobre cedé, titularase “Elelelos”, co subtítulo de “Músicas de tradición oral no Concello de Bueu”. O primeiro disco é unha escolma das recollidas de campo que os membros de Retrouso de Cela levan facendo a xente maior durante os últimos 15 anos en todos os recunchos de Bueu. O segundo disco será un tributo de Retrouso a toda esa xente que soubo manter estas músicas na memoria, no que haberá 12 pezas tradicionais reinterpretadas.

A dirección artística e produción do proxecto corre da man de Guillerme Ignacio, cantante e gaiteiro do grupo folk Quempallou e con experiencia en proxectos de música tradicional previos como os das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo) ou o gaiteiro de Aldán (Cangas do Morrazo). “Levamos máis dun ano preparando as reelaboracións de Elelelos, que ademais reúne anos de percorrer Bueu e afondar no coñecemento das súas interesantísimas melodías tradicionais”, apunta Ignacio. “Elelelos é unha palabra que moitas das informantes empregan para referirse ás pezas que botaban, a botar unha canción… e pareceunos un título ben representantivo”, explica, sobre o título do disco.

Nos discos poderase atopar pezas aprendidas de máis de 20 informantes e participaron tamén 19 músicos de Retrouso de Cela, entre pandeireteiras (que levan boa parte do peso do disco), gaiteiros, percusionistas e acordeonistas.

Financiamento social

A grande novidade do disco de Retrouso de Cela está no sistema escollido para lograr financiar o traballo discográfico. Aínda que a asociación asume boa parte do custo da preparación, Retrouso precisa de 1600 euros para poder realizar o proceso de edición e mellora de todos os audios, así como a elaboración do libreto e as mil copias previstas dos discos.

Con tal motivo, plantexou o proxecto a Verkami.com, a plataforma de referencia estatal no relativo a crowdfunding cultural. Verkami, que valora as ideas “diferentes e innovadoras”, aceptou o proxecto.

Mediante pequenas recompensas, Retrouso busca agora convencer a mecenas que se animen a confiar e colaborar na realización do proxecto. As recompensas van desde un envío anticipado de 10 pezas do traballo (6€), o envío do traballo discográfico (12€), disco e unha camiseta conmemorativa cun debuxo realizado polo artista buenense Luís Davila (20€)… ata mesmo a realización dunha presentación en directo do disco polos membros de Retrouso (300€). Todas elas implican, asimesmo, o recoñecemento como mecenas no libreto do propio disco.

Como en todos os proxectos deste formato, en caso de non lograr acadar a cantidade prevista, 1600€, todas as contribucións quedarían inactivas e non lograría nada en absoluto.

Rubén Bastón, voceiro da Asociación e promotor da idea de acudir ao sistema de financiamento social, teno claro: “Confío en lograr o obxectivo. O traballo é moi completo e cremos que vai resultar moi interesante tanto para os afeccionados á música tradicional como a todos os que teñan algunha relación con Bueu ou coas Rías Baixas”. Ademais, Bastónapunta que “este proxecto pode servir de inspiración a moitas outras asociacións culturais con poucos recursos e que atopen no crowdfunding unha alternativa para poder lanzar proxectos culturais”.

Calquera pode converterse en mecenas do proxecto Elelelos visitando a webwww.elelelos.com antes do 17 de decembro de 2013.

Sobre Retrouso

A Asociación Cultural Retrouso de Cela leva máis de 15 anos traballando pola recuperación e impulso da cultura tradicional galega e nomeadamente a música e o baile tradicionais. Ten unha forte estrutura de escolas de baile, gaita, percusión, canto e pandeireta e acordeón, ademais de organizar recollidas de campo, foliadas e festivais musicais.

















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal