>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

deRaí­z - I Mostra de Música e Baile Tradicional (Vigo)

(ultima actualización: 14 / 11 / 13 )






Sábado 30 de Novembro no Cine Teatro Salesianos (Vigo)

"De Raí­z" , I Mostra de Música e Baile Tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artí­stico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus integrantes ao longo destes anos. Dende Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.
Ano tras ano achegamos este duro pero gratificante traballo, no que cada un de nós deixa un trociño de alma, agardando que todos os aspectos que conforman o folclore de Galicia, cheguen á escena coa maior calidade posible.
Esta I Mostra abrangue o traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2013. Percorreremos toda a xeografí­a galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias así­ como as caracterí­sticas dos seus bailes, ritmos e xeitos de tocar e cantar.

(Entrada de balde ata completar aforamento)















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal