>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Comeza o Festival de Poesía no Condado en Salvaterra
Fonte / M�is informaci�n



Dun xeito moi tranquilo comeza hoxe, en Salvaterra de Miño, a vixéxima edición do Festival de Poesía no Condado.

a programación do festival, que organiza a Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, comeza as sete do serán coa apertura de varias exposicións nas Covas de Dona Urraca. Neste espazo coincidirá una mostra de arte pictórico e fotográfico na que atoparánse cadros de Ánxel Huete, Francisco Mantecón, Xosé Guillermo, Mario Granell e Xosé Lodeiro, e fotografías de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal; unha exposición conmemorativa dos 25 anos do Festival da Poesia; unha de artesanía; e unha adicada a instrumentos musicais galegos e portugueses.

Xa as 20.00 horas, proxectarase, na Casa da Cultura, un documental sobre Manuel María feito por Margarita Ledo Andión. A partir das 23.00 horas, chegará o primeiro concerto do festival coa presenza do músico das Azores Zeca Medeiros. Este concerto terá lugar nas Covas de dona Urraca e terá un precio de entrada de 10 euros.

Venres e sábado

A programación de maña comeza as sete e media da tarde cunha feira popular na praza da Oliva, na que haberá exposición e fabricación de instrumentos musicais. Tamén actuarán diversos músicos folcloricos de Galicia e Portugal. As 20.30 horas, na Casa da Cultura proxectaranse as cuartametraxes gañadoras no Festival de Cans, e as 22.30 horas, comezará un festival de ska e hip hop no que participarán Dios Ke Te Crew, Betagarri e Banda Bassotti, coa presentación de Xurxo Souto.

E o sábado chega o día grande con actos dende a mañá. Pero o festival poético-musical contará, a partir das 20.00, coa participación dos poetas Cesáreo Sánchez, Antia Otero Rodríguez, Lucía Novas Garrido, Xulio López Valcárcel, Eduardo Estévez, José Alberte Corral, Lucía Aldao, Luz Fandiño, Maria do Cebreiro, Séchu Sende, Marta Dacosta, Leire Bilbao, Luis Filipe Cristovao e Guita JR, os músicos Donicelas, Tino Baz, A Quenlla e Miro Casabella, Terrakota e Lamatumbá.



- festivais- Festival da Poesí­a no Condado -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal