
Sábado 16 de Novembro O Torrecino, Cela (Bueu)
Chegou novembro, tempo de chuva, tempo de magostos con castañas, tempo de chuva, de rúas e patios cheos de nenos lanzando buxainas que xiran sen parar, tempo de chuva, tempo de San Martiños que veñen dicirlle adeus a moitos porquiños, tempo de chuva e máis chuva... E como non podía ser doutro xeito, dende a A.C. Retrouso de Cela rendímoslle homenaxe a esta chuva que nutre e dá vida á nosa terra. í‰ tempo da nosa foliada, a Foliada da Chuva!!!! Vinde tocar, cantar, beilar e pasar un bo rato con nós!! Xa sabedes!! O vindeiro sábado 16 de novembro estaremos no local socio-cultural do Torrecino de Cela (Bueu) a partir das 21:30h agardando por todos vós!!! E, por suposto, estaremos a cuberto para que poida chover con gusto toda a noite.
|