>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Pepo Suevos inaugura o venres unha sala de espectáculos en Betanzos
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 11 / 13 )





Barsovia é o nome do novo local que o Hotel Palacete de Betanzos abrirá o próximo venres. O humor salvaxe de Pepo Suevos marcará o inicio dun proxecto hosteleiro na zona nova da capital do Mandeo, que pretende compaxinar a oferta de copas e combinados nas primeiras horas da madrugada cos mellores espectáculos de humor e música.


Un dos humoristas máis cotizados e con maior experiencia de Galicia, coñecido pola súa participación en filmes e series como Luar, Land Rober, Piratas, Terra de Miranda ou Heroí­na, e a piques de estrear un novo proxecto na TVG, Os Caseiros, no que interpretará un dos papeis protagonistas. í‰ Pepo Suevos, que cun dos seus monólogos escribirá as primeiras páxinas da Barsovia o venres 8 de novembro, a partir das 23.30 horas e con entrada de balde, como todas as actuacións desta programación.


Outras cinco actuacións completan o cartel co que a sala quere darse a coñecer entre o público de Betanzos e comarca: o cantautor Gonzalo Arca interpretará algúns dos seus temas xunto con varias versións o 15 de novembro. í semana seguinte será a Qando Vand, unha formación local que cos seus bailables ritmos urbanos non deixa indiferente a ninguén, quen ambientará o inicio da madrugada do venres 22.


Tonhito de Poi, un dos membros dos aclamados Heredeiros da Crus, será o encargado da actuación do 29 de novembro, e para as dúas semanas restantes quedarán as versións de voces femininas interpretadas maxistralmente por Andrea Colado, e o humor dos Pánfilos S.A.


Toda a información sobre os eventos programados na Sala Barsovia pódese seguir na súa páxina oficial en Facebook.

















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal