
(imaxe tirada da web da Asociación Jose Afonso Norte)
AJA Norte e Tino Flores estarán mañá, venres, 7 de novembro ás 22 h, no auditorio da Xunta de Freguesía de Santo Ildefonso –Porto–, nun concerto para lembrar os homes e as cancións do Canto de Intervencíón.
Tino Flores, noutrora compañeiro de andanzas de José Afonso, Adriano Correia de Oliveira, Luis Cília e tantos outros artistas comprometidos, que fixeron da canción protesta a arma para loitar pola democracia do seu país, presta hoxe a súa arte para relembrar os compañeiros de sempre e as cancíóns que urxe non esquecer. A organización do evento é da responsabilidade da AJA Norte (Asociación José Afonso), que unha vez máis nos proporciona unha actividade de carácter cívico e cultural, pola manutención da memória e dos valores da liberdade. Actuará tamén o Grupo Poético Musical da própia Asociación, e, os interesados poderán aínda mercar CDs dos cantautores portugueses que formaron o movimento do Canto de Intervención, así como libros e outros materiais relacionados co tema.
O mesmo tempo, máis en Almada, o cantautor Francisco Naia presenta o seu último traballo discográfico co título De Sol a Sul. Francisco Naia naceu no Alentejo e moi cedo foi influído pola ética e pola estética do Zeca Afonso, de quen foi aluno no ensino secundário. Influencia ética, porque foi co Zeca que aprendeu a cuestionar as cousas da História maniqueísta da ditadura –el falaba de liberdade– a estética, porque o profesor cantaba con outras palabras e outros sons que o axudaron na construción das formas e sensibilidade musicais futuras.
De Sol a Sul é un traballo elaborado con instrumentos acústicos: percusións portuguesas e árabes, guitarra alentejana chamada "viola campaniça", cavaquiño, bandolín e contrabaixo, a que unha frauta e un saxofón axudan, na creación dun ambiente bucólico. Profundamente poético, cunha voz que inspira ó soño, histórias e sentimentos que aquí e alén lembran, o Zeca, a vida... A Saudade
|