>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

3º concerto matutino: mostra de instrumentos populares
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 11 / 08 )





aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, está o organizar
unha serie de concertos nas mañás dos domingos en distintos centros
socio-culturais de Santiago de Compostela. Son actuacións dos
profesores de aCentral en combinación especial que viu xa a Edelmiro
Fernández e Miguel Souto no CSC de Conxo e a Ugia Pedreira e Óscar
Fernández no CSC de O Castiñeiriño


Para pechar esta serie haberá unha mostra de instrumentos a cargo
de Roberto Sala no CSC de Fontiñas.


Esta mostra será unha exposición didáctica de instrumentos populares
de diferentes familias -percusión idiófona e membranófona,
cornamusas, frautas traveseiras e de bico, corda pulsada e frotada- e
procedente dos cinco continentes.

Esta exposición estará guiada polo polifacético Roberto Sala, membro
fundador dos grupos de música antiga Martín Códax e Acibreira,
nunha explicación técnica de cada instrumento e terá como aliciente
que amosará as características sonoras de cada un dos intrumentos
aos interpretar en directo.


Roberto Sala, Comeza a estudar frauta traveseira e linguaxe musical
en Madrid no ano 1987 da man do profesor José Luis Vilches. No ano
88 trasládase a Santiago de Compostela.
Introducido no eido da música tradicional e da corrente folque da man
de históricos músicos composteláns coma Luis Areán ou Quim Farinha.
No ano 1991 comezou a estudar gaita galega, requinta e percusión
tradicional.
Formou parte de proxectos e grupos como “Breixa” gañador dun dos
certames “Cidade Vella” de Santiago; Ophiusa, con quen grava un CD;
membro dende a fundación do grupo de música antiga “Martín
Códax”, no que toca frautas de bico, instrumentos antigos de cana
(cromorno, chirimía, tarota) e percusión sendo , logo de catro traballos
discográficos e xiras en toda a Península, un dos grupos de música
antiga máis activos en Galiza. Fundador do grupo Acibreira no ano
1992.
Como docente, imparte aulas de gaita, requinta e percusión
tradicional dende o ano 1995 en diversas agrupacións musicais.
Dende o 2001 é o profesor de frauta e requinta do extinto
Conservatorio de Musica Tradicional e Folque de Lalín, e Director do
seu combo Musical dende 2002 ata o 2007.


Noticia enviada por Ghastas Pista | 6 de Nov 15:24h

- aCentral Folque -


NOVAS RELACIONADAS:




http://www.compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=7520&lg=gal



Horario:
9 de novembro de 2008
12:30

Lugar:
Fontiñas
(CSC As Fontiñas)
Rúa Berlín, 13
Teléfono: 981 528 750
Concerto didáctico a cargo da Central Folque no CSC das Fontiñas
Central Folque

Os concertos matutinos da Central Folque acompáñanse desta volta
dunha mostra de instrumentos do mundo que serán tocados por
Roberto Sala.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal