>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa de Samaí­n en Xinzo de Limia
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 30 / 10 / 13 )





O Campo da feira do Toural, en Xinzo de Limia, acolle o xoves, día 31 de outubro, a festa do Samaín.

Dende ás 17.00 horas haberá obradoiros de cabazas, coañeiras, cociña, colgaxes... concurso de tapas e bebedizos, xogos populares para todas as idades, procesión e chamada dos defuntos a toque de pandeireta e bombo (Solveira, Laroá, Rebordachá...)

A partires das 21.00 horas, cea e foliada das ánimas a cargo de Jalos de Antioquía, Cantaralai e Un feixe e músicos da Limia.

Para máis información dos concursos de pinchos e bebedizos ou inscricións, contactar nos teléfonos 988 460.824, 658.043.135 ou no mail trespes@yahoo.es. Os participantes deberán inscribirse antes do 29 de outubro e presentarse no campo da feira o día 31, ás 18.00 horas. Ás 19.00 horas o xurado elixirá aos gañadores.

O evento está organizado pola Asociación Escaparate de Ideas.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal