>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Najla Shami en Ribadeo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 30 / 10 / 13 )





Neste domingo 3 de novembro Najla Shami actuará en Ribadeo acompañada por Sérgio Tannus apresentando algún tema de Na lingua que eu falo. O concerto pertence ao ciclo "Músicas Posíbeis" que organizan aCentral Folque. Ás 19 horas no Teatro Cine.



Esta fin de semana a Concellaría de Cultura de Ribadeo segue coa súa programación do ciclo das Músicas Posíbeis, "unha aposta a favor da música de calidade, galega ou estranxeira, co denominador común de seren propostas pouco doadas de escoitar nos circuítos habituais mais cun público fiel que é quen de desprazarse desde outros lugares da Mariña ou mesmo máis lonxe para poder asistir aos concertos".

Logo de recibir a visita do brasileiro Sérgio Tannus, colaborador habitual de Uxía; dos bretóns Liù; da grande revelación da música galega actual, Sés; chega agora a cantante galego-palestina Najla Shami, que actúa este domingo, 3 de novembro, ás 19.00 horas no Teatro, un espazo que o Concello está a utilizar cada vez máis. A entrada ao concerto será de 5 euros e reducirase a 3 euros para persoas desempregadas, xubiladas ou estudantes.

"Cunha sonoridade influenciada por estilos coma o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos a súa proposta que percorre latitudes que van desde Galicia ata Brasil ou África. E tamén nos presentará algún tema da súa recente publicación Na lingua que eu falo, un traballo no que a compositora galego-palestina afonda na obra da escritora Rosalía de Castro", engaden desde a Concellaría de Cultura.


- acentral folque -


NOVAS RELACIONADAS:



Camiño Branco - Najla Shami
http://www.youtube.com/watch?v=ibEzhGzP00g


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal